Skip to Content

COMER SAN PODE SER MOI DIVERTIDO

Os nenos e nenas de 5º de Educación Infantil demostraron coas súas saídas que comer san non é para nada aburrido. Seguindo co seu calendario de merendas e máis o proxecto de Nutriescola do que son partícipes, saíron en dúas ocasións a mercar froita. A primeira das saídas foi  á Praza de Abastos, onde mercaron diferentes tipos de froitas para levar a cabo unha degustación de froitos do outono. Coa segunda saída os cativos e cativas mercaron plátanos para realizar todos xuntos uns ricos batidos de plátano con cacao.
O froito do noso traballo sempre sabe moito mellor.

 



book | by Dr. Radut