Skip to Content

Mulleres Ilustradas da Limia

Hoxe, todo o alumnado do centro vai  levar unha planilla para complementar voluntariamente co gallo de levar a cabo un traballo de investigación organizado conxuntamente polo noso centro, o CDR O Viso e a ANPA do centro.

O logro da igualdade de xénero é máis que un obxectivo, é unha condición previa para afrontar o reto de reducir a pobreza, promover o desenvolvemento sostible e a construción dunha sociedade xusta. A miúdo as mulleres fomos marxinadas da “historia oficial”, e se queremos un mundo onde sexamos socialmente iguais, humanamente diferentes e totalmente libres temos que facer un esforzo de recuperación de historias de mulleres. Hai pouco que temos a posibilidade de descubrir unha historia oculta durante séculos. As mulleres, ademais da súa aportación para soster o fogar como nais e coidadoras (que xa non é pouco) realizaron unha importantísima labor no desenvolvemento político, científico, social e económico… que a historia- escrita por homes- invisibilizou. Vendéronnos que a historia dos homes era extensiva á historia da humanidade. Pero onde estamos nós? Onde estamos as mulleres?
AS MULLERES ILUSTRADAS DA LIMIA é unha pequena pincelada de recuperacióne visibilización de historias. E non queremos ir moi lonxe. Non fai falta. Queremos falar das nosas. Das nosas mulleres. De mulleres bravas, de mulleres que forman parte da historia da nosa comarca. Mulleres que fixeron historia no pasado e fan historia no presente. Historia que non queremos que sexa descoñecida, merece ser visibilizada e valorada.

Animádevos a participar e entregade a vosa proposta á mestra/mestre do voso fillo!



book | by Dr. Radut