Skip to Content

Consideracións xerais para o primeiro día de clase

“Hai unha forza motriz máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: a vontade” (Albert Einstein, científico alemán)
Mañá arrancamos este curso 2023 - 2024.  Accederemos ao centro polas portas sinaladas. O alumnado transportado pola cancela pequena, o de 5° e 6° de Educación Infantil (4 e 5 anos) así como o de 1° e 2° de Educación Primaria pola cancela principal.  Pola cancela automática accederá o alumnado de 3°, 4°, 5° e 6° de Educación Primaria.
O alumnado de Educación Infantil accederá directamente ás súas aulas, podendo ser acompañado por un dos seus proxenitores para facer entrega do material que traian ás súas titoras. Pregamos que sexades o máis axiles posibles para evitar aglomeracións... e algún que outro "choro"...
Todo o alumnado de Educación Primaria fará filas nos lugares indicados cun cartaz co seu curso e dende aí será acompañado pol@s titor@s ata as súas aulas.
Unha vez  estean dentro das aulas, só os proxenitores do alumnado de primeiro e segundo poderán (se asi o desexan) acercarse ata as aulas para facerlle entrega dos materiais ás titoras. Pedimos unha vez máis axilidade neste proceso.
Abriremos todos os accesos ao centro ás 08.50, xa que a hora de comezo da xornada escolar para todo este curso é ás 09.00.
Os servizos de transporte escolar e comedor escolar funcionarán nos horarios habituais, así como os de entrada e saída ao centro.
Solicitamos a máxima puntualidade durante todo o ano escolar para evitar os trastornos que causan no grupo esas demoras á primeira hora da mañá.
Calquera dúbida ou aclaración podedes dirixila a ceip.rosalia.xinzo@edu.xunta.gal ou no teléfono 988460480
Moitas grazas por adiantado pola vosa total colaboración.



book | by Dr. Radut