Skip to Content

Aberto o prazo para solicitar o servizo de comedor escolar para o vindeiro curso 2023- 2024

O vindeiro luns, 5 de xuño de 2023 ábrese o prazo para presentar as solicitudes para ser usuario de comedor o vindeiro curso 2023 -2024. Este prazo rematará o vindeiro 5 de xullo. Teñen que presentar a instancia TODO O ALUMNADO INTERESADO, independentemente da súa situación actual (incluído o alumnado usuario de transporte)

As instancias presentaranse na Administración do centro, acompañadas por toda a documentación requirida en horario  de 09.00 ás 13.00

Co obxecto de facer unha listaxe ordenada de solicitantes, cada solicitante debe informar da súa renda familiar sumando e restando as seguintes casiñas de todas as declaracións da renda da unidade familiar (individuais ou conxunta):

RENDA FAMILIAR: casiña 435 + 460 - 595

(DECLARACIÓN RENDA 2022. No caso de non facer declaración de IRPF, poden obter os seus datos fiscais nun certificado de ingresos de 2022).

Este primeiro requisito servirá para confeccionar a lista de usuarios de comedor, que fará pública o Consello Escolar na primeira semana de setembro, unha vez estudadas todas as peticións e baremadas segundo fixa a Instrución 1/2023, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades sobre comedores escolares.

Unha vez publicada a listaxe, haberá SETE días naturais para presentar alegacións e reclamacións. Despois de estudalas e ter en conta aquelas que sexa necesario, publicarase a lista definitiva.

A partir do día 20 de setembro, e tal como fixa a antedita instrución, faremos chegar ás familias dos comensais admitidos o modelo de autodeclaración de prezos públicos, que haberá que devolver ao centro correctamente cuberto antes do día 28 do mesmo mes. Neste modelo fíxanse as seguintes condicións de pago:

No mesmo prazo permanecerá aberto a solicitude de membros da Comunidade Educativa para actuar como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado do comedor escolar. Unha vez rematado este prazo, será a dirección do centro, tras informe  do consello escolar , quen determine as persoas que colaborarán voluntariamente neste servizo.

 

AdxuntoTamaño
solicitude comedor.pdf769.97 KB
solicitude colaboradora comedor.pdf620.49 KB


book | by Dr. Radut