Skip to Content

Estamos entre os finalistas do concurso "Que es un Rey para ti" !!!

Este ano o noso alumnado da Aula Específica, coordinado polas súas mestras Elena e Estefanía, participaron no concurso "Que es un rey para ti". Esta é  á 42ª edición deste concurso escolar, organizado por FIES (Fundación Institucional Española), patrocinado pola Fundación Orange e dirixido a estudantes de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e de 1º e 2º de ESO de centros educativos de toda España.

Este ano o alumnado tiña que centrar o teu traballo na figura de S.M. o Rey e no papel da Coroa na estrutura do Estado, ou tamén na figura de S.A.R. A Princesa de Asturias como garante da continuidade institucional.

Tanto Xavi como Tatiana resultaron seleccionados como finalistas dentro da Comunidade Autónoma de Galicia e agora todos eses traballos formarán parte da exposición que terá lugar en Santiago de Compostela da que  informaremos próximamente.

Nesa exposición e entrega de premios é onde se procede á lectura da acta de xurado coa designación do gañador da comunidade autónoma, que será quen acudirá á Audiencia con S.M. o Rey Felipe VI, xunto cos demais gañadores das distintas Comunidades Autónomas.

Aquí podedes ver os traballos presentados polo noso alumnado. Son marabillosos e ben merecedores do primeiro premio "ex aequo" !!! Moitos parabéns para Xavi e Tatiana, así como para as súas mestras Elena e Estefanía. Forman un gran equipo!!

 

 



book | by Dr. Radut