Skip to Content

Grazas ... !!!

(Fotografía de @PepeNocelojar)

Remata un día moi importante no calendario escolar do noso centro e aínda que publicaremos fotos, compartiremos enlaces onde aparece o noso alumnado cos seus marabillosos disfraces, pensamos que é momento de primeiro das as grazas.

Primeiramente agradecer ao Concello de Xinzo de Limia, especialmente ao persoal da Concellería de Cultura, e nomeadamente a Alfonso Carlos Lois Suárez, por poñer as cousas máis doadas para que un evento no que participaron máis de 1.500 persoas fora todo un éxito. Non podemos esquecer o labor da nosa Policía Local de Xinzo de Limia e da Agrupación de Protección Civil, que sen eles, non sería factible levar a cabo este Desfile Infantil. Tamén temos dar as grazas á Comisión do Entroido de Xinzo de Limia, por facilitarnos as charangas e o acompañamento nesta data tan especial para tod@s nós.

Dar as grazas tamén a todos os centros educativos da comarca da Limia e arredores por compartir con nós unha xornada de convivencia entre o noso alumnado o que non é mais que un elemento enriquecedor para tod@s el@s. Na diversidade e na inclusión está unha das chaves máis importantes do noso labor como formador@s!

Salientar o magnífico traballo realizado polo persoal non docente do centro que nun día moi complicado sacaron adiante tarefas que non son da súa responsabilidade e que fixeron sen dubidar nin un só momento. Grazas Aurora, Luis, Mari, Pepe e Pablo. Coa vosa dedicación, todo é moito máis sinxelo!

Referencia aparte merecedes todas esas familias que vos involucrastes dun xeito tan intenso na preparación do desfile: talleres de nais/pais para confeccionar os traxes, dedicación na casa a elaborar os disfraces, achega de equipos musicais para que as nos@s nen@s foran súper animad@s por todo o percorrido, acompañamento dos distintos grupos, unha axuda inestimable á hora de repartir a “merenda” entre tod@s @s nos@s convidad@s, … e un montón de cousas máis que seguramente esquecemos mencionar. Todo isto amosa que somos Comunidade Educativa e que sempre que precisamos de vós… aí estades! Moitas grazas de corazón. Tamén recoñecer neste punto o papel fundamental da nosa ANPA, que sen ela, moitas destas colaboracións serían moitísimo máis complicadas. Grazas, grazas, …

Como non destacar o comportamento exemplar do noso alumnado, peza chave da nosa entidade educativa. Sen el@s... Nada disto tería sentido! Dende @s máis pequenos @s máis maiores só nos queda dicir del@s que hoxe deron un claro exemplo de como comportarse e de como actuar en actividades tan complexas e tan longas de duración o que podería ser causa de distraccións  e, que moi ao contrario, amosaron o que nós ben sabemos: son grandes e tod@s nós estamos moi orgullos@s del@s!!

Para rematar queremos destacar tamén o traballo e compromiso de todo o profesorado do noso centro. Son moitas as horas e o intenso traballo dedicado dentro e fóra tamén do seu horario laboral nestas últimas semanas as que lle dedicaron co obxectivo de facer que hoxe fora para tod@s un día moi especial!! Moitas grazas compañeir@s por ser como sodes e por facer do Rosalía un cole tan especial!

Nada máis… Rematar recordando que xa botabamos en falla facer actividade tod@s xunt@s e que son experiencias como estas as que son moi difíciles de esquecer e quedan nos nosos recordos ocupando un lugar moi especial!

Grazas a tod@s!!!



book | by Dr. Radut