Skip to Content

Nova actualización (e esperemos que sexa a última) sobre o servizo de transporte escolar

Antes que nada, debemos pedir desculpas polo cambio de situación no referente ao servizo de transporte para o día de mañá, martes 17/01/2023.

Acabamos de recibir de parte da empresa adxudicataria do servizo de transporte escolar para toda a zona da Limia, unha nova indicación na que nos comunican que van levar a cabo o servizo de transporte escolar como todos os días, polo que este servizo funcionará con normalidade.

Reiterar as nosas desculpas por estes vaivéns nas comunicacións emitidas, pero nós soamente tentamos manter actualizada a información que nos transmiten.



book | by Dr. Radut