Skip to Content

Información eleccións ao Consello Escolar curso 2022 - 2023

A Resolución do 19 de setembro de 2022 (DOG do 30 de setembro) establece o calendario para a realización de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos.

I.- ¿QUE É O CONSELLO ESCOLAR?
 
O Consello Escolar do centro é o órgano a través do cal participan os distintos membros da comunidade escolar na organización do Centro.
 
II.- ¿QUEN COMPÓN O CONSELLO ESCOLAR DO CEIP ROSALÍA DE CASTRO?
 
- O director, que é o seu presidente.
- A xefa de estudos.
- Cinco profesores/-as elixidos/-as polo Claustro.
- Cinco representantes dos pais/nais ou titores legais dos/-as alumnos/-as (un/unha deles/-as proposto/-a pola ANPA).
- Un/unha representante do persoal de administración e servizos.
- Un/unha concelleiro/-a ou representante do Concello de Xinzo de Limia.
- A secretaria do centro, que actuará como secretaria do consello.

III.- MEMBROS DO CONSELLO ESCOLAR QUE CORRESPONDE RENOVAR:

    Un representante do profesorado.
    Dous representante dos pais/nais ou titores legais dos alumnos/-as.
    Un concelleiro/-a ou representante do concello.
    Un representante da ANPA.

 
IV.- ¿CALES SON AS COMPETENCIAS DO CONSELLO ESCOLAR?
 
Art.  127  Lei  Orgánica  de  Modificación  da  LOE  (LOMLOE)  3/2020  de  29  de  decembro,  pola  que  se modifica a Lei Orgánica 2/2006.  
 
V.- VOTACIÓNS: 

Xoves 24 de novembro  
Pais, nais e titores legais: de 9:00 a 10:00h. e de 15:15 a 16:15
 
PARA ENTENDERNOS MELLOR...
1. As persoas representantes no Consello Escolar deben  preocuparse polo funcionamento do centro, aportando as súas ideas para mellorar este.
2. Calquera pai, nai ou titor/-a legal dos alumnos/-as do centro poden presentarse para, de ser elixidos, formar parte do Consello Escolar.
3. Teñan  en  conta  que  os  pais/nais  ou  titores  legais  dos  alumnos/-as  que  forman  parte  do Consello Escolar son os seus representantes diante da dirección do centro.

 
 

AdxuntoTamaño
candidatura_pais_consello_escolar.pdf71.25 KB
calendario_renovación_Consello_Escolar_22_23.pdf151.83 KB


book | by Dr. Radut