Skip to Content

Como facer un Test de Saliva na Casa

Seguindo as instruccións fixadas pola Consellería de Educación e tendo en conta os criterios fixados polo Protocolo actualizado sobre o CoVID 19, empezamos a repartir os tests de saliva entre o alumnado que é considerado contacto estreito cun caso positivo na súa aula.

COMO FACER O TEST
A toma de mostra e a técnica diagnóstica será realizada no domicilio do alumno. Antes de comezar a proba, hai que asegurarse de que o neno ou nena non coma, beba, cepille os dentes nin mascara chicle polo menos 30 minutos antes da recolección da saliva. Así mesmo, non se deixará caer o hisopo nin depositalo sobre ningunha superficie. O cativo deberá respirar profundamente e logo tusir de 3 a 5 veces nun pano desbotable. A recollida dunha mostra de saliva pode tomar de 2 a 5 minutos.
Todos os nenos ou nenas que obteñan un resultado positivo na proba de antíxenos de autodiagnóstico serán considerados directamente como caso confirmado, polo tanto, deberán seguir as medidas de illamento. O caso confirmado sempre deberá cumprir as indicacións dos profesionais sanitarios que se encarguen do seu seguimento clínico.
Coa fin de realizar o seguimento e estudo do caso confirmado, a persoa responsable do neno ou nena deberá notificar o positivo á Saúde Pública a través do formulario de declaración responsable de autotest positivo dispoñible na páxina web do coronavirus, ou chamar ao 881 540 045. A Xunta remarca que en ningún caso notificaranse os resultados negativos. Como indica o protocolo de educación, calquera persoa con resultado positivo deberá informar ao centro educativo desta circunstancia.

Neste video podedes ver todo o proceso:

https://fb.watch/aETOA2l9w8/



book | by Dr. Radut