Skip to Content

Recomendacións para o comezo clases no segundo trimestre

O vindeiro luns 11 de xaneiro comezamos as clases do segundo trimestre e ante a situación COVID na nosa vila, lembramos as normas de prevención da Covid-19 para o alumnado fixadas polo protocolo das Consellerías de Sanidade e Educación:
1. Realizar a autoavaliación diaria, seguindo a enquisa clínico-epidemiolóxica achegada ao comezo do curso ou que podedes atopar na nosa páxina web http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprosaliaxinzo/?q=node/672
No caso de presentar sintomatoloxía compatible coa Covid-19:
2. Non acudir ao centro educativo.
3. Comunicar os síntomas ao servizo sanitario de referencia.
4. Comunicar ao centro a ausencia do alumno/a.
5. De forma preventiva, debe manterse ao alumno en illamento domiciliario, ata que os facultativos dean as indicacións oportunas.



book | by Dr. Radut