Skip to Content

Imos vernos! Anímate! Manda a túa foto ou vídeo.

Boas nenas e nenos. Que tal levamos este estar na casa? Como xa fai máis dunha semana que non nos vemos, pensamos que sería bo ver que tal vos vai e, de paso, darnos ánimos. Por iso animávosvos a que nos mandedes unha foto ou un vídeo con alguén da vosa familia e cun traballiño feito por vós (un arco da vella, un  debuxo ou  o que vos queirades) cunha mensaxe de ánimo para o resto de nós, tipo #EuQuedoNaCasa #DestaSaimosXuntxs,..... ou outra calquera.
Sede creativos e orixinais, tanto no voso traballo como na vosa mensaxe!!!
Despois... faremos un vídeo recompilando todas elas e publicarémola en todas partes para facer esta espera un pouco máis alegre e divertida. Animádesvos?
Podedes mandar as vosas fotos ou vídeos ata o MARTES 31 de marzo ao noso correo ceip.rosalia.xinzo@edu.xunta.es ou por WhatsApp ao número 698161226



book | by Dr. Radut