Skip to Content

Novas

IMPORTANTE!! SUSPENSIÓN DO SERVIZO DE TRANSPORTE ESCOLAR PARA O MARTES 17/01

ACTUALIZACIÓN IMPORTANTE

Dende a Consellería informanos que se suspende TODO O SERVIZO DO TRANSPORTE ESCOLAR nas rutas de mañá e de tarde para mañá MARTES, 17 DE XANEIRO DE 2023.

O Centro educativo permanecerá aberto e o resto dos servicios do centro funcionarán con normalidade, agás novas instruccións.

Alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por vento e acumulacións de neve

A Axencia Estatal de Meteoroloxía e MeteoGalicia alertan dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel LARANXA por acumulacións de neve por riba dos 20 cm, que comezará o martes día 17.01.2023 ás 06.00 horas e prolongarase ata as primeiras horas do mércores 18.01.2023. Este adverso afectará á zonas da montaña de Lugo e Ourense.

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DOCENTE SOSTIDO CON FONDOS PÚBLICOS (Só alumnado de sexto de Ed. Primaria)

Atendendo ao Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros que imparten as ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de ESO e de BAC en centros sostidos con fondos públicos, comezamos o procedemento de admisión de alumnado para o curso académico 2023/2024.

Resultado do sorteo da Cesta do Nadal

Boas Festas e Feliz 2023!

Parabéns para Tatiana e as súas mestras!!

Un ano máis o noso alumnado e profesorado da Aula Especifíca participaron no "V Concurso de Dibujo y Redacción Jóvenes y Mayores" organizado por "La Región"... e un ano máis foron premiadas! Desta volta foi a quenda de Tatiana, que gañou o primeiro premio dentro da categoría de Educación Especial cun traballo de debuxo onde aparecen ela e a súa avoa Lola indo a mercar as cousas que precisaban para cociñar xuntas. Formidable traballo de Elena, Estefanía, Tatiana, Xavi e as súas familias!

Período de vacacións de Nadal

Informamos que segundo o calendario escolar fixado pola Consellería de Cultura, Educación. Formación Profesional e Universidades,  o período de vacacións de Nadal abrangue dende o vindeiro VENRES 23 DE DECEMBRO ata o VENRES 6 DE XANEIRO ambos os dous incluídos.

Concurso cartaz Desfile Infantil do Entroido 2023

O mércores 14 de decembro tivo lugar a primeira reunión entre o concello de Xinzo de Limia  e os representantes dos centros educativos organizadores do Desfile Infantil do Entroido 

Xa está instalado o noso pobo do Nadal!

O noso pobo do Nadal xa está instalado no patio das bolboretas! Todas as familias poden visitalo de luns a xoves de 15.15 ás 16.00. O acceso farase pola cancela automática e haberá carteis para indicar onde está situado.

Moitas grazas a todas as familias que participaron nesta actividade e ao Equipo de Actividades Complementarias e Extraescolares do centro por idear, coordinar e facer realidade esta "vila tan chula"!

Incidencias no calendario escolar

Informamos que segundo o calendario escolar fixado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, os vindeiros LUNS 5 e MARTES 6 DE DECEMBRO non haberá clases. A actividade lectiva reanudarase o mércores, sete (7) de decembro no horario habitual.

Distribuir contido


by Dr. Radut