Skip to Content

Novas

Obradoiros Cultura Urbana On Tour

Días non lectivos mes de outubro

Informamos que, segundo o calendario escolar fixado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades, os vindeiros XOVES 12 e VENRES 13 de outubro non haberá clases. A actividade lectiva reanudarase o LUNS, 16 de outubro, no horario habitual.

Actividade aula de estudo 2023 - 2024

A partir do vindeiro martes 3 de outubro, ponse en marcha a aula de estudo os martes, mércores e xoves en horario de 15.15 ás 16.15. Esta actividade está destinada á realización das tarefas escolares do día e ao reforzo educativo, baixo a supervisión do profesorado do centro. Para poder asistir a esta actividade deberán cumprimentar a solicitude que temos en Administración, que a alumna/o lla pida  á súa titora /titor ou descargala nesta mesma entrada.

Modificación datas non lectivas solicitadas polos centros educativos da vila

Informamos que as datas escollidas definitivas como días non lectivos  por todos os centros educativos de Xinzo de Limia para este curso 2023 - 2024 serán o venres 13 de outubro do 2023 e o luns, 20 de maio.

Consideracións xerais para o primeiro día de clase

“Hai unha forza motriz máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: a vontade” (Albert Einstein, científico alemán)

OBRADOIRO DE INFORMACIÓN, PREVENCIÓN E DETECCIÓN PRECOZ DA VIOLENCIA DE XÉNERO E DA VIOLENCIA SEXUAL NA MOCIDADE

Lembrade que mañá xoves, 07 de setembro comenza en Xinzo de Limia a Escola de Coeducación:OBRADOIRO DE INFORMACIÓN, PREVENCIÓN E DETECCIÓN PRECOZ DA VIOLENCIA DE XÉNERO E DA VIOLENCIA SEXUAL NA MOCIDADE.  Empezamos ás 19h no Salón de Plenos do Concello.  Para difundir e acudir!

Entrega vales para a adquisción de libros e material escolar. Fondo Solidario Libros de texto

Dende o próximo luns día 3 e ata o venres 7 de xullo, en horario de 10.00 ás 13.00 h,  poderánse recoller os vales de libros e material e consultar a lista de libros que prestará o Fondo Solidario a partir do mes de setembro.

Lista de libros de texto 2023 - 2024

Festival Fin de Curso 2023

O vindeiro mércores, 21 de xuño ás 11.00 da mañá, celebraremos o festival de fin de curso na Pista Polideportiva do centro ao que todas as familias estades invitadas. A entrada farase a partir das 10.50 a.m. pola Cancela Principal (pola que entra habitualmente o alumnado de Ed. Infantil e 1º e 2º de Ed. Primaria).

Distribuir contido


by Dr. Radut