Skip to Content

Complementarias

"II Concurso de acrósticos de amor"

Queremos invitar a toda a Comunidade Educativa (alemnos, familias e mestres) a participar no "II Concurso de acrósticos de amor". Que é un acróstico? Pois...

A PLÍCASE ÁS

O CEIP ROSALÍA, PROTAGONISTA NA PRENSA

O pasado mércores 21 de abril o Ceip Rosalía de Castro foi obxecto dunha reportaxe no Faro de Vigo. O motivo foi a exposición fotográfica que estamos levando a cabo no centro e a exposición dos traballos elaborados polos alumnos/as relacionados co PDI "O Mar de Arousa".

En dita reportaxe destácase a calidade dos traballos e califícase a este centro como "un dos centros de ensinanza máis activos e participativos non só no Concello de O Grove, senón de toda a Comunidade Autónoma".

Para ver a reportaxe completa preme no enlace:

Reportaxe Faro de Vigo

Intercambio co colexio Abrente (partidos)

Pois como antesala das vacacións non estivo nada mal...

Que experiencia tan positiva a vivida no Abrente!! Que ben o pasamos!!

A xornada comezou co partido de fútbol dos nenos de 5º e 6º; o espectáculo que ofreceron foi moi bo e traduciuse nunha chuvia de goles. Aínda que os nosos perderon o partido deberon quedar moi contentos co xogo despregado.

Continuamos co partido de baloncesto dos nenos e nenas de 5º e 6º, aquí o a diferenza foi moi grande ao noso favor. A xornada rematou co partido máis emociante, o de 3º e 4º, que finalmente rematou nun empate.

Queremos agradecer tamén o bo trato recibido por parte da comunidade educativa do colexio Abrente e citámolos para o vindeiro 14 de maio no Grove, data na que viviremos un novo episodio deste intercambio deportivo.

 

                                                 

                                                 (Preme na foto e mira o álbum completo)

Intercambio deportivo co colexio Abrente

O vindeiro venres 26 de marzo o noso colexio participará nun intercambio deportivo co colexio Abrente de Sanxenxo. Nesta actividade participarán alumnos e alumnas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Consistirá na disputa de dous partidos de minibasket -un de categoría benxamín (3º e 4º) e outro alevín (5º e 6º)-  e un partido de fútbol-sala con alumnos de 5º e 6º.

 Este intercambio terá un segundo acto o 14 de maio, día en que os alumnos do Abrente virán ao Grove para xogar os partidos dos deportes anteriormente citados.

A saída do Grove será en torno ás 9:50h e a volta está prevista para as 13h. Cando teñamos imaxes colgarémolas nesta web.

FOTOS DO MAGOSTO

O pasado venres celebramos O Magosto no colexio. Aínda que o forte vento impediu o seu desenvolvemento normal e houbo que adaptarse ás circunstancias, as imaxes demostran que a degustación das castañas e o "coro" do Rosalía cumpliron coas espectativas.

 Preme na imaxe para acceder a todo o álbum

 

Distribuir contido


by Dr. Radut