O Aula de Música
CLASE DE MÚSICA PLURILINGÜE EN INGLÉS (Video presentación) Os cursos de E.P. 4º, 5º e 6º forman parte da sección bilingüe do centro na materia de EDUCACIÓN MUSICAL, despois de 3 anos de experiencia musical en Inglés, os resultados non poden ser máis positivos. Contamos este ano coa axuda da Auxiliar de conversación Marisa Pagan, que provén de Philadelphia. Lembramos tamén aos dous auxiliares previos, que nos axudaron a acadar o nivel co que contamos actualmente e que melloramos ano a ano; Angel Contreras de New York e Martin Drake de Newark.
A materia de música está centralizada na súa web www.ceipcarrilmusic.com onde podemos atopar moitos recursos para o desenrolo diario da clase. Por suposto todo en inglés. Lembramos tamén o CD de audio que gravaron todolos alumnos de Primaria do centro xunto con algunha profesora. Aquí vos deixamos o link http://www.ceipcarrilmusic.com/2013/08/cd-ceip-carril.html
Non esquecemos que o Galego é a nosa cultura, e o que nos diferencia dos demáis, temos ben presente que o debemos coidar, empregar diariamente e defender. Asemade, agora o inglés, vainos permitir abrir o noso coñecemento e interacción como lingua vehicular en viaxes, intercambios culturais, interacción con extranxeiros que visitan a nosa terra, videochamadas con outros compañeiros de outros centros, pax web culturais e educativas na rede, etc.
QUÉ PERSIGUE A MATERIA DE EDUCACIÓN MUSICAL?
CÁNTAS HORAS TEMOS DE MÚSICA EN PRIMARIA?
QUÉ FACEMOS NA CLASE DE MÚSICA?
PORQUÉ É TAN IMPORTANTE A MATERIA DE EDUCACIÓN MUSICAL? Pois a resposta é ben sinxela; probablemente algo que inflúe nas nosas vidas dunha forma moi profunda. Prácticamente está entre nós tódolos días. Curiosamente consumimos música a diario. O coñecer cómo funciona, nos permite expresarnos ou facernos parte dela en determinados momentos das nosas vidas. Platón o gran filósofo grego, consideraba a música algo tan importante como a linguaxe mesma. Parte imprescindible da educación da cultura clásica. Non podemos negar, que empregamos a música para os nosos momentos máis alegres e tamén para os máis tristes, e en ambos, a música sempre nos axuda dalgunha maneira ou outra, non é así? Conocendoa mellor, nos coñecemos mellor a nos mesmos. Quén non quere música na súa vida? Material IPAI e IPAD co que contamos: - Piano eléctrico, guitarra clásica, frauta doce, varias unidades de carillóns soprano e alto, xilófono soprano, xilófono contraltodades, xilófono baixo, metalófono soprano, metalófono contralto, metalofono baixo, güiro, maracas, pandeiros, pandeiretas, triángulo, crótalos, caixa chinesa, axouxeres, claves, etc Material de aula: Cadeiras con reposabrazos, encerado pautado, espuma insonorizante antireverberacions, fichas didácticas de instrumentos musicais, etc
RECURSOS DE NOVAS TECNOLOXÍAS No aula de música empregamos habitualmente as novas texnoloxías para acadar uns obxetivos acorde coa realidade educativa e os plantexamentos de futuro en Europa; ademáis do piano electrónico cómo elemento de acompañamento, empregamos: - Ordenador con proxección para recursos interactivos no aula: xogos musicais para os mais pequenos; Kita y su banda, Pipo música, etc. - Editores de partituras electrónicas por ordenador co programa DENEMO. - Proxeccións de videos musicais; La flauta mágica (Mozart), El lago de los cisnes (Tchaikovsky), El anillo de los nibelungos (Wagner), etc. - Recursos auditivos para discriminación de sons. - Etc.
Jose M. Navia é o profe de música do CEIP de Carril desde o curso 2004/05
|