Skip to Content

NOVAS

Benqueridas familias, 

O vindeiro LUNS día 7 terá lugar a reunión de comezo de curso de 6º de Educación Infantil. As titoras poñeranse en contacto cas familias telefonicamente para máis información.

Nos vindeiros días publicaremos as LISTAXES DE MATERIAL facilitadas polos/as titores/as de cada grupo. 

Un saúdo.

INICIO DE CURSO

Benqueridas familias, 

Seguindo as recomendacións da Consellería o inicio de curso realizarase de xeito escalonado.

O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de Educación Infantil e 1º, 2º e 3º de Educación Primaria.

O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de Educación Infantil e 4º, 5º e 6º de Educación Primaria.

O venres día 4 e o luns día 7 realizaranse as reunións de comezo de curso de 4º de EI. As titoras poñeranse en contacto as familias telefonicamente.

Un agarimoso saúdo.

BENVIDOS AO NOVO CURSO ESCOLAR

Benqueridas familias,

Xa estamos de volta! 

Ao longo de estos días colgaremos toda a información necesaria para este inicio de curso. Estade atentos a páxina web.

En canto sexa posible publicaremos o "Plan de adaptación a situación COVID-19 no curso 2020/2021". 

Lembrarvos que o XOVES  día 3 en horario de 10:00 a 14:00 poderedes recoller os CHEQUES aquelas familias que non o fixeron en xullo (na secretaría do centro)

"FONDO LIBROS"

A entrega dos lotes de libros para o alumnado de 5º e 6º EP realizarase o XOVES 3 de 12:00 a 14:00h nas aulas respectivas.

A entrega de lotes do alumnado de 3º e 4º EP realizarase o VENRES día 4 no mesmo horario (12:00 a 14:00h) nas súas aulas respectivas.

So poderá acceder ao centro unha persoa por alumno/a, seguindo sempre as indicacións do persoal e respectando as normas sanitarias vixentes.

Un saúdo agarimoso

 

INFORMACIÓN FONDO LIBROS, AXUDA LIBROS E VALES MATERIAL

Informamos das datas de listaxes de fondo de libros e entrega de vales para libros de texto e vales de material:

  • PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS: 6 DE XULLO
  • RECLAMACIÓN ÁS LISTAXES PROVISIONAIS FONDO DE LIBROS: 7 E 8 DE XULLO (secretaría do centro)
  • PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS FONDO DE LIBROS: 10 DE XULLO
  • ENTREGA DE VALES PARA LIBROS DE TEXTO E VALES PARA MATERIAL:    9 E 10 DE XULLO (9:30 A 13:30H)
  • ENTREGA DOS LIBROS DE TEXTO DO FONDO DE LIBROS: 4 DE SETEMBRO (12:00 a 14:00h, nas aulas respectivas)

As listaxes estarán publicadas no taboleiro da entrada do centro, non poden ser publicadas a través da páxina web pola protección de datos.

Os vales non recollidos no mes de xullo, poderán recollerse o día 3 de setembro na secretaría do centro en horario de 10:00 a 14:00 horas.

As datas poden verse modificadas por calquer imprevisto na xestión da aplicación fondolibros. Polo tanto, estade atentos á informacións que podan xurdir e serán publicadas nesta páxina web.

FIN DE CURSO

Despedimos o curso con este agasallo para lembrar todo este tempo que compartimos.

Tempo cheo de conversas, bailes, artesanía, investigacións, experimentos, xogos, literatura, e todo isto, xuntas e xuntos do GANCHETE.

Vémonos en setembro.

 Unha agarimosa aperta e feliz verán.

   

SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2020-2021

O prazo de solicitude para que o alumnado do Centro poida facer uso do transporte durante o curso 2020-2021 estará aberto entre o 22 e o 30 de xuño, ambos inclusive.

Poderán presentala na secretaría do centro en horario de 10:00 a 13:00 h., ou ben a través do correo electrónico: ceip.ramon.sagra@edu.xunta.es

O alumnado de novo ingreso, presentará a solicitude coa matrícula.

Os impresos de solicitude poderán recollerse na conserxería do Centro ou descargarse pinchado aquí.

A listaxe de alumnado admitido no servizo de transporte publicarase no mes de setembro, antes do comezo das actividades lectivas.

DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 6º DE PRIMARIA

Chegada esta data, tocaría celebrar a vosa despedida do colexio.

Un colexio ao que chegastes con nervios, inquedanzas,… pero sobre todo con ilusión.

Marchades nun momento agridoce, pois non podemos despedirnos como nos gustaría; pero queremos que, dende o colexio,  sintades o noso acompañamento e agarimo.

A vós tócavos comezar unha nova etapa, pero non esquezades todo o que vivistes xuntos e que aquí, sempre estará o voso colexio.

Unha aperta agarimosa e ata sempre.

“El aprendizaje ideal se desarrolla con la cabeza, el corazón y las manos”

H. Pestalozzi

NOVAS

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2020-2021: LISTAXES DEFINITIVAS

Rematado o prazo de reclamación e non tendo recibido ningunha, as listaxes provisionais pasan a ser listaxes definitivas podendo consultalas no taboleiro de anuncios dentro do colexio ou na aplicación Admisión alumnado coa chave 365 ou certificado electrónico.

O alumnado admitido deberá formalizar a matrícula na Secretaría do Centro do 1 ao 10 de xullo, aportando cubertos os impresos que aparecen a continuación:

*Estes impresos poderán solicitarse no centro ou descargalos pinchando en cada un deles.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2020/2021

Distribuir contido