Skip to Content

REFORMA, ACONDICIONAMENTO E SALUBRIDADE DO XIMNASIO DO CEIP RAMÓN DE LA SAGRA

Estimada Comunidade Educativa e Veciñal:

Nunha sociedade na que o sedentarismo está formando parte da vida cotiá de cada neno e nena, o fomento da actividade física resulta crucial para que o seu desenvolvemento tanto físico como emocional sexa completo.

No CEIP Ramón de la Sagra carecemos de espazos nos que levar a cabo estes aspectos, tan importantes para a educación integral do noso alumnado.  O patio cuberto que se está empregando como pavillón non cumpre, nin de lonxe, co cometido de fomento e promoción da actividade física. Este espazo necesita unha serie de melloras, como a reparación integral do chan. Por esta razón, fixemos unha proposta de investimento nos presupostos participativos do Concello da Coruña que podedes APOIAR ata o día 10 de outubro.

Máis información premendo na imaxe:

 

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO FONDO LIBROS - ANPA

ENTREGA DE LIBROS DE TEXTO FONDO LIBROS - ANPA

Estimadas familias:


se lles informa de que o vindeiro luns 18 de setembro de 2023, dende as 16:30h ata as 17:45h entregaranse os libros de texto nas aulas nas que cursan as súas fillas/os.
Os solicitados e adxudicados dende fondo libros como da ANPA.
A dirección

ORGANIZACIÓN ENTRADAS E SAÍDAS DO CENTRO. CURSO 2023-2024

Estimadas familias,

Podedes descargar as instruccións de organización das entradas e saídas deste curso escolar 2023-2024 premendo na seguinte imaxe:

TRANSPORTE ESCOLAR CURSO 2023-2024

Estimadas familias, 

O venres 8 de setembro, en horario de 11:00 a 12:00 h., poderedes recoller as tarxetas do transporte escolar para este curso 2023-2024. 

O horario das paradas será o seguinte:

LISTAS DE DISTRIBUCIÓN DO ALUMNADO DE 4º EI, 1º EP, 3º EP E 5º EP

Estimadas familias,

 

As listas de distribución do alumnado de 4º de Educación infantil, 1º, 3º e 5º de Educación primaria xa están expostas no taboleiro da entrada no centro.

Un saúdo.

 

 

 

 

MATERIAIS ESCOLARES CURSO 2023-2024

 

1º EDUCACIÓN PRIMARIA                                                B EDUCACIÓN PRIMARIA

2º EDUCACIÓN PRIMARIA                                                5º EDUCACIÓN PRIMARIA

3º EDUCACIÓN PRIMARIA                                                6º EDUCACIÓN PRIMARIA

A EDUCACIÓN PRIMARIA

 

REUNIÓNS COMEZO CURSO 23-24: EDUCACIÓN PRIMARIA

Estimadas familias, 

As xuntanzas de comezo de curso para a etapa de Educación Primaria terán lugar os seguintes días: 

 

Un saúdo.

LISTAXE PROVISIONAL DE CONCESIÓN E DENEGACIÓN DAS SOLICITUDES DA CONVOCATORIA DE BOLSAS MUNICIPAIS DE COMEDOR.

 

O 17 de xullo de 2023 publicouse no enderezo web do taboleiro de anuncios e edictos do Concello da Coruña, a listaxe provisional de concesión e denegación das solicitudes da convocatoria de bolsas municipais de comedor para o curso 2023-2024. Os listados identificarán as solicitudes atendendo ao número de expediente asignado.

                                                                

Pódense consultar en:

 

-          Taboleiro de edictos

https://sede.coruna.gal/opensiac/action/infopublica?method=view&id=18118

-          Páxina web de servizos sociais

 https://www.coruna.gal/serviciossociales/es/detalle-contenido/concesion-de-becas-comedor-curso-23-24-propuesta-provisional/suceso/1453841789651

 

-          Taboleiros dos centros cívicos municipais

 

As persoas beneficiarias de bolsa deberán realizar, no prazo habilitado por cada entidade xestora do comedor, os trámites necesarios (matrícula, reserva de praza...) para dispor dunha praza que permita a súa incorporación ao servizo de comedor durante todo o período subvencionado.

 

O prazo para a presentación das alegacións é de 10 días hábiles, do 18 de xullo ao 1 de agosto de 2023, ambos incluídos, e poderá presentarse, previa cita (010, citaprevia.coruna.gal), nos rexistros municipais (Praza de María Pita, Fórum Metropolitano, Centro Ágora e Franxa), no rexistro telemático da sede electrónica municipal (https://sede.coruna.gob.es) así como en calquera outro dos previstos no art. 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

 

Atentamente,

Bolsa comedor

 

REUNIÓNS COMEZO CURSO 23-24: EDUCACIÓN INFANTIL

Estimadas familias, 

As xuntanzas de comezo de curso para a etapa de Educación Infantil

serán os seguintes días: 

Un saúdo.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24

LIBROS DE TEXTO CURSO 2023/24

Estimadas familias, no documento adxunto teñen a relación dos libros de texto seleccionados para o curso 2023/24.

Non esquezan consultar o apartado de observacións.

Grazas pola súa atención.

Saúdos

A Dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut