Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

Secretaría

RECUNCHO DO XOGO DE SEMANA SANTA 2022 NOS CENTROS CÍVICOS MUNICIPAIS

11,12 e 13 de abril de 2022. RECUNCHO DO XOGO - CCM SAN DIEGO E MONELOS - CONCELLO DE A CORUÑA

 

 RECUNCHO DO XOGO DE SEMANA SANTA 2022 NOS CENTROS CÍVICOS MUNICIPAIS

 

 

PREINSCRICIÓN Dende as 08.00h do 31 de marzo ás 23:59h do 2 de abril. Poderase facer de duas formas:

 

 

 

1- EN LIÑA : Nesta páxina web do Concello www.coruna.gal/serviciossociales atoparás un link coas indicacións que debes seguir para a preinscrición.

 

 

 

2- POR TELÉFONO: En caso de non ter acceso a internet, pódese realizar a preinscrición chamando o nº de teléfono 603 705 338.

 

 

 

DIRIXIDO A Nenas e nenos de 4 a 12 anos (deberán telos cumpridos no momento da preinscrición)

 

DATAS DE REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE 11, 12 e 13 de abril do 2022

HORARIO

 

Horario xeral: 10.00 a 13.30 h

 

Horario ampliado: 9.00 a 14.00 h

 

CUSTO: 7 euros/menor

 

 

 

✔A admisión será por orde de preinscrición, asignaráselle un número de solicitude que recibirá o correo electrónico que indique no formulario.

 

✔Terán preferencia as nenas e nenos empadroados no Concello da Coruña

 

981184368/981189817

Extensión 88577

CONVOCATORIA DE BOLSAS DE CARÁCTER XERAL PARA O CURSO 2022/2023

Convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

Para a súa información comunicámoslles que:

o sábado 10 de marzo publicouse no BOE a nova convocatoria de bolsas de carácter xeral para o curso 2022/2023.

Modifícanse os prazos e o procedemento de xestión das solicitudes.

O prazo para presentar as solicitudes é do 30 de marzo ao 12 de maio, inclusive.

A presentación realízase a través da sede electrónica do Ministerio de Educación.

Nunha 1ª Fase preténdese realizar as comprobacións económicas.
As unidades de tramitación de bolsas revisarán os datos persoais e familiares necesarios para a comprobación da renda e patrimonio familiar e enviarán as solicitudes á Axencia Tributaria para o seu cálculo.

Nunha 2ª fase informarase os solicitantes do resultado das comprobacións económicas anteriores, dándolles un prazo para formular alegacións se procede.
Doutra banda, informarase tamén do procedemento e prazo para que poidan modificar a súa solicitude inicial, no relativo aos datos académicos.

Máis información na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/portada.html

A convocatoria de axudas para alumnos con necesidades específicas de apoio educativo publicarase despois da convocatoria xeral, a partir do mes de maio.

AVISO ÁS FAMILIAS. USO DE MASCARILLAS NO EXTERIOR (Patios)

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos - 18/03/2022

"O subcomité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia pola covid-19, vén de acordar na súa xuntanza de onte, deixar de recomendar o uso das máscaras nos espazos ao aire libre dos centros educativos da comunidade.
O grupo de expertos adoptou esta decisión tras avaliar a situación epidemiolóxica de Galicia así como a grande porcentaxe de poboación pediátrica e xuvenil vacinada. Neste senso, Galicia é a primeira comunidade en porcentaxe de poboación infantil vacinada cun 73,5% dos nenos con alomenos unha dose, o que significa 21 puntos por riba da media do Sistema Nacional de Saúde. Así mesmo, o 41,1% dos menores de 12 anos contan coa pauta completa, 13 puntos por riba da media de España."

Polo tanto, o alumnado no tempo de lecer no patio levarán ou non mascarilla segundo as súas familias o decidan, e dende o centro, deixarase de recomendar o seu uso, simplemente, quen a queira levar a leva o quen non queira non a leva.

 

Grazas pola súa colaboración. Un saúdo.

A dirección.

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo - 04/03/2022

Comunicación conxunta das Consellerías de Sanidade e Educación sobre a xestión de contactos estreitos covid-19 no ámbito educativo - 04/03/2022

 

No documento adxunto teñen o cambio nos protocolos COVID19.

A modo de resumo: os contactos estreitos débense de comunicar polos afectados/as.

Do mesmo xeito, infórmase que atendendo a isto e dado que xa non suministran máis test de saliva, non se darán máis test de saliva posto que o centro xa non é o que comunica os contactos estreitos.

En calquera caso, o centro seguirá comunicando os casos positivos que aparezan na aplicación EDUCOVID ao grupo clase do que pertenza o positivo, pero lembramos que non se comunican contactos estreitos na aplicación.

Un saúdo.

A dirección.

INFORMACIÓN SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/2023

INFORMACIÓN SOLICITUDE DE ADMISIÓN PARA O CURSO 2022/2023

Estimadas familias, adxúntase toda a información relevante a día de hoxe para o proceso de presentación de solicitudes de admisión para o curso 2022/2023.

En calquera caso, permanezan atentos á páx. web por se houbese calquera outra comunicación ao respecto do seu interese.

A Dirección

 

INFORMACIÓN SOLICITUDE DE PRAZAS NO IES OTERO PEDRAYO. CENTRO ADSCRITO

INFORMACIÓN ÁS FAMLIAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Infórmase que todas aquelas familias que fixeron a reserva de praza no centro adscrito IES Otero Pedrayo para 1º da ESO, foron admitidas.

Lembrar que deste xeito, estas familias non terán que presentar solicitude de admisión, pero sí formalizar a matrícula no período indicado.

Aconséllase estar pendente da páx. web do  IES Otero Pedrayo por calquera nova neste sentido.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesoteropedrayocoruna/

Saúdos.

A dirección.

INSTRUCIÓNS CONFINAMENTOS

INSTRUCIÓNS CONFINAMENTOS POR POSITIVOS COVID OU CORENTENADOS

Adxúntase documento enviado polo Sergas coas instrucións sobre corentenados por agrupamento de casos covid positivo e aula confinada por superar o 20% de casos do total do alumnado de cada aula.

A dirección

PROTOCOLO COVID. TEST DE ANTÍXENOS POR SALIVA

INFORMACIÓN NOVAS MEDIDAS COVID 12/1/2022

Información novas medidas Covid-19

Achégase a ligazón aos diferentes documentos que durante a mañá de hoxe (12-1-2022), o Ministerio de Sanidade foi publicando no espazo específico de información para centros educativos:

Moitas grazas pola súa colaboración.

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

AVISO ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE E. PRIMARIA

Dirixímonos a vds. por mor das instrucións recibidas para o proceso de reserva de praza en centro de adscrición (Instituto), as cales se adxuntan a este aviso.

Lembrar que o prazo para este proceso é do 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2022.

Para calquera cuestión non dubiden en contactar co centro ou ben co IES.

Grazas.

A dirección.

Distribuir contido


by Dr. Radut