Skip to Content

 

Punto Laranxa contra o acoso escolar

INFORMACIÓN SOLICITUDE DE PRAZAS NO IES OTERO PEDRAYO. CENTRO ADSCRITO

INFORMACIÓN ÁS FAMLIAS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Infórmase que todas aquelas familias que fixeron a reserva de praza no centro adscrito IES Otero Pedrayo para 1º da ESO, foron admitidas.

Lembrar que deste xeito, estas familias non terán que presentar solicitude de admisión, pero sí formalizar a matrícula no período indicado.

Aconséllase estar pendente da páx. web do  IES Otero Pedrayo por calquera nova neste sentido.

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesoteropedrayocoruna/

Saúdos.

A dirección.

.

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

 

Estimadas familias,

Informamos que o centro realizará unha xornada de PORTAS ABERTAS

o XOVES día 3 de MARZO, con posibilidade de visita ás 16:00h, ás

17:00h e ás 18:00h. Os grupos non superarán as 8 persoas, puidendo

acudir un proxenitor/a por alumno/a.

 

Para poder realizar a visita terán que solicitar cita previa a través do

correo electrónico do centro: ceip.ramon.sagra@edu.xunta.gal.

 As prazas serán asignadas por orde de inscrición

 

Un saúdo,

O equipo directivo.

 

Aplicación da lexislación sobre a obrigatoriedade do uso de máscara en centros educativos

Aplicación da lexislación sobre a obrigatoriedade do uso de máscara en centros educativos

 

Unha vez publicado polo Ministerio de Sanidade o día 9 de febreiro o Real Decreto 115/2022, de 8 de febreiro, polo que se modifica a obrigatoriedade do uso de máscaras durante a situación de crise sanitaria ocasionada pola COVID-19, e diante das dúbidas xurdidas no ámbito educativo e a necesidade de interpretación da norma, por parte do Ministerio de Educación e Formación Profesional achégasenos o seguinte documento interpretativo:

 

Aplicación de la legislación sobre la obligatoriedad del uso de mascarilla en centros educativos (Real Decreto 115/2022, de 8 de febrero, por el que se modifica la obligatoriedad del uso de mascarillas durante la situación de crisis sanitaria ocasionada por el COVID-19)(https://www.sanidad.gob.es/profesionales/saludPublica/ccayes/alertasActual/nCov/documentos/COVID-19_Obligatoriedad_mascarillas_centros_educativos.pdf) elaborado na Ponencia de Promoción da Saúdedo Consejo Interterritorial do Sistema Nacional de Salud.

 

A modo de resumen, este documento do Ministerio de Sanidade establece que:

 

1. O uso de máscara en interiores continúa a ser obrigatorio para todas as persoas maiores de 6 anos (e recomendable para maiores de 3 anos) salvo aquelas casuísticas previstas na normativa.

 

2. O uso de máscaras en espazos ao aire libre será obrigatorio naqueles casos específicos nos que se organicen eventos multitudinarios nos que os asistentes estean de pé, ou se están sentados e non se poda manter unha distancia de seguridade de cando menos 1,5 metros entre persoas.

 

Puntualiza o documento que, tendo en conta a definición da OMS de evento multitudinario e dadas as medidas actuais de limitacións en centros educativos, así como a interpretación da norma respecto a eventos multitudinarios, considérase que a interacción nos centros educativos na actividade educativa ordinaria ao aire libre non se corresponde con eventos multitudinarios.

 

3.O resto de previsións da Declaración de Actuaciones Coordinadas (DAC) en Salud Pública frente al COVID-19 para centros educativos durante el curso 2021-2022enodocumento de “Medidas de prevención, higiene y promoción de la salud frente a COVID-19 para centros educativos”,seguen en vigor.Respecto da limitación de contactos, lémbrase que deberán evitarse de maneira xeral aquelas actividades no centro educativo quesupoñana mestura de alumnado de diferentes grupos de convivencia ou clases; mantendo a distancia interpersoal a excepción das persoas que forman parte dun mesmo grupo de convivencia estable.

 

A aplicación da medida de limitación de contactos, que establece este último punto do documento do Ministerio de Sanidade,obriga a comunidade educativa a preservar que a interacción sexa por clase ou garantindo unha distancia mínima de 1,5 metros se hai contacto entre distintos grupos burbulla. A este respecto, oSubcomité Clínico da Consellería de Sanidadeentende que esta medidadiminúeosriscos. Non obstante, co obxectivo de velar pola saúde pública, especialmente do alumnado sen pauta de vacinación completa; e tamén en aras de facilitar a organización nos centros educativos,cando polassúas dimensións ou características nalgún momento puntualtivesen lugaraglomeracións, a recomendación do Subcomité Clínico é que nestes casos si se use a máscara.

 

INSTRUCIÓNS CONFINAMENTOS

INSTRUCIÓNS CONFINAMENTOS POR POSITIVOS COVID OU CORENTENADOS

Adxúntase documento enviado polo Sergas coas instrucións sobre corentenados por agrupamento de casos covid positivo e aula confinada por superar o 20% de casos do total do alumnado de cada aula.

A dirección

PROXECTO PATIOS

Queridas familias:

O pasado curso escolar o noso colexio entrou a formar parte de Mestra de Obra. Este programa, que está sendo implementado noutros centros de ensino galegos, ten como finalidade humanizar os patios e outros espazos: renaturalizar, conseguir unha contorna acolledora e dotar o patio de novos elementos que favorezan o xogo e a relación entre iguais e co medio. Á fronte deste innovador proxecto atópase o arquitecto Fermín Blanco e o seu equipo, o Sistema Lupo.

Mestra de Obra desenvolverase ao longo de tres anos:

Ano 0: PENSAR COAS MANS. 

Ano 1: COAS MANS NA MASA.

Ano 2: MANS A OBRA.

Dentro do noso Ano 1, este trimestre, comezamos a fase de análise dos espazos e da contorna. Un punto de partida é establecer Plans da Memoria, para o cal precisamos da vosa axuda: revisade as fotos que podades ter, lembrade a historia dos distintos barrios, a creación e evolución das barriadas máis recentes...Tanto as familias que estudastes no cole, como aquelas que vos criastes nalgún dos barrios da nosa zona educativa, podedes compartir esa experiencia cos vosos fillos e fillas para poñela en común no grupo-clase (onde xogabades, o “chalet” onde estaba a nosa Educación Infantil...). Poroutra banda, as familias chegadas aos nosos barrios recentemente, podedesexpoñer cales son os motivos que vos levaron a elixir esta zona como o voso lugar de residencia, por exemplo.

Aproveitando os paseos familiares observade a vosa contorna urbana próxima. Para axudar neste proceso, os arquitectos e arquitectas de Mestra de Obra ofrecerán unha formación ás familias que, debido á situación, terá que ser virtual. Ademais, solicitarán a vosa man de obra para a elaboración dunha maqueta sobre o centro e a contorna.

Os mestres e mestras do Ramón de la Sagra estaremos encantados de recoller calquera información que axude a levar adiante este proxecto: dispoñibilidade,  posibles colaboracións profesionaise habilidades que aportar, materiais de calidade que se podan reutilizar, empresas locais de interese ...

Dende a titoría traballaremos co noso grupo o patio xa en detalle, sen perdermos de vista a conexión dos espazos do centro co barrio. Na aula aproveitaremos o plano do colexio e todas as ideas que vós queirades compartir connosco.

É fundamental a implicación de toda a comunidade educativa (incluídas, por suposto, vós, as familias) para desenvolver este proxecto con éxito. Por isto, pedímosvos a colaboración, compromiso e comprensión que mostrades sempre. Tamén queremos agradecer ao noso concello a boa acollida que nos está a mostrar.

Atentamente,

O claustro do CEIP Ramón de la Sagra.

 

PROTOCOLO COVID. TEST DE ANTÍXENOS POR SALIVA

INFORMACIÓN NOVAS MEDIDAS COVID 12/1/2022

Información novas medidas Covid-19

Achégase a ligazón aos diferentes documentos que durante a mañá de hoxe (12-1-2022), o Ministerio de Sanidade foi publicando no espazo específico de información para centros educativos:

Moitas grazas pola súa colaboración.

RESERVA DE PRAZA EN CENTRO DE ADSCRICIÓN

AVISO ÁS FAMILIAS DO ALUMNADO DE 6º DE E. PRIMARIA

Dirixímonos a vds. por mor das instrucións recibidas para o proceso de reserva de praza en centro de adscrición (Instituto), as cales se adxuntan a este aviso.

Lembrar que o prazo para este proceso é do 11 de xaneiro ata o 8 de febreiro de 2022.

Para calquera cuestión non dubiden en contactar co centro ou ben co IES.

Grazas.

A dirección.

AVISO ÁS FAMILIAS: MODIFICACIÓNS NAS SAÍDAS DO CENTRO A PARTIRES DE XANEIRO 2022

 

Estimadas familias, dirixímonos a vds. por mor do seguinte...

A partires de xaneiro, haberá modificacións nas saídas para que sexan máis fluídas. Quedando do seguinte xeito:

 

-          Ás 13:55h comezará a saír o alumando na seguinte orde:

 

o   3º, 2º e 1º de E. Primaria.

 

o   4º, 5º e 6º de E. Primaria.

 

Desexando a toda a comunidade educativa que pasen unhas boas festas!!

 

Dirección.

 

FELICES FESTAS!

Dende o CEIP Ramón de la Sagra desexámosvos unhas Felices Festas.

Distribuir contido


by Dr. Radut