Skip to Content

PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO NO CENTRO ADSCRITO CURSO 2023-24 IES MIRAFLORES

ADMISIÓN ALUMNADO.

 

Rematado o procedemento de reserva de postos escolares para o alumnado procedente dos centros adscritos (CEIP Juana de Vega e CEIP Plurilingüe da Rabadeira), informamos que os postos dispoñibles en 1º ESO no IES Miraflores para o curso escolar 2023-2024 son suficientes para atender todas as solicitudes presentadas en prazo.

 

De conformidade co establecido no artigo 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas, estará exposto no taboleiro de anuncios dos centros adscritos e de adscrición a listaxe definitiva do alumnado con posto reservado.

 

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA NO IES MIRAFLORES.

 

O prazo para formalizar a matrícula será publicada na páxina web do IES MIRAFLORES -https://www.edu.xunta.gal/centros/iesmiraflores (a previsión é que sexa a partir do 23 de xuño de 2023).

 

Para calquera tipo de información diríxanse ao IES MIRAFLORES (881 88 08 45)



page | by Dr. Radut