Skip to Content

Reserva praza IES Miraflores

 

RESERVA NO CENTRO DE ADSCRICIÓN:

IES “MIRAFLORES”

 

 

 Oleiros, 16 de xaneiro de 2023

 

Dirixímonos a vostedes para comunicarlles que o seu fillo/a remata este ano 6º de Primaria, e deberá matricularse para o vindeiro curso en 1º ESO, rematando a súa escolarización no CEIP Plurilingüe “A Rabadeira”

 

Se queren que sigan os seus estudos no IES “Miraflores”, centro de educación secundaria adscrito ao no centro, o prazo de solicitudes de reserva (ED550A) comprende do 16 de xaneiro ao 6 de febreiro (ambos incluídos).

 

A solicitude presentarase preferiblemente por vía electrónica, mediante o formulario normalizado dispoñible na aplicación informática admisionalumnado (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado), a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

 

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente no CEIP Rabadeira os luns de 09’00 a 17:30 h. e de martes a venres de 09’00 a 14’00 h.

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

 

  • ·  Solicitude de reserva – anexo I e anexo I-bis (Documento: ED550A)

Solicitude en galego / Solicitude en castelá

ou a través da aplicación "admisionalumnado"

(https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado)

 

  •  · Copia do libro de familia onde figure a unidade familiar (fillos e proxenitores) ou documento equivalente onde figure o/a alumno/a e as persoas proxenitoras

 

 

Se polo contrario desexan que estudien noutro instituto o prazo de presentación de solicitude de admisión (ED550B) comprende entre o día 1 ao 20 de marzo (ambos incluídos).

 

Lembrámoslles que só se pode presentar unha única solicitude.

 

Para calquera dúbida que poidan ter (horarios, comedor, rutas de transporte escolar, ...) deberán poñerse en contacto co Instituto “Miraflores”

(Tlf. 881 88 08 45).

 



page | by Dr. Radut