Skip to Content

Circular informativa Eleccións

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 2022

            Atendendo ao disposto na RESOLUCIÓN do 19 de setembro de 2022, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, este curso celebraranse eleccións de membros dos consellos escolares dos centros docentes sostidos con fondos públicos.

 Segundo a Lei Orgánica de Educación LOE, modificada pola Lei orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade educativa, se establece:

 A comunidade educativa participará no goberno dos centros a través do Consello Escolar”.

Nos Consellos Escolares tómanse as decisións máis trascendentes para os Centros. Nel están representados todos os sectores que compoñen a Comunidade Educativa, Pais/Nais, Profesores/as, Persoal de Administración e Servizos, un representante do Concello, e a Directiva do Centro. Os membros que o forman son elixidos por todo o sector ao que representan, nun proceso democrático e participativo. Si un dos sectores non ten representación, a súa voz non será escoitada, nin terá a posibilidade de tomar parte nas decisións que toma o Consello Escolar a través do seu voto.

O censo de pais e titores legais estará publicado dende hoxe no taboleiro da entrada do edificio principal.

Invitamos a toda a Comunidade Educativa ao sorteo público que se levará a cabo o vindeiro mércores 26 de outubro ás 11:30 horas, na sala de madrugadores do colexio, para designar aos integrantes da Xunta Electoral, formada polo Director do Centro, un Profesor ou Profesora, un Pai/Nai, un representante do Persoal de administración e servizos. Tamén se preverá a designación de membros suplentes.

A Xunta Electoral ten como competencias:

a) Aprobar e publicar os censos electorais.

b) Concretar o calendario electoral. As eleccións celebraranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2022.

c) Ordenar o proceso electoral.

d) Admitir e proclamar candidaturas.

e) Promover a constitución das distintas mesas electorais.

f) Resolver as reclamacións presentadas contra as resolucións das mesas electorais.

g) Proclamar os candidatos elixidos.

A Xunta Electoral enviará un comunicados a través da plataforma Abalar e na web do centro cas normas da convocatoria das eleccións para a renovación do Consello Escolar.

 

Oleiros, 24 de outubro de 2022

A dirección

 

Asdo. Ana Perandones Lozano



page | by Dr. Radut