Skip to Content

Actividades de Outono

Queridas familias:

 

    Co motivo do Outono e do Samaín queremos propoñervos varias actividades.

 

    Na semana da celebración do Samaín, proponse facer unha exposición de cabazas no centro. Teredes que decorar a vosa propia cabaza terrorífica relacionada CO MAR (tema elexido este curso)e tráela a semana do 25 de outubro ata o 29. Ese último día, a levarán para casa.

    Ese venres día 29, poderán vir difrazados da casa sempre que non traian complementos para evitar manipulación entre o alumnado. Prégase que non traian a cara pintada por ter que poñer as máscaras e que sexa roupa cómoda que permita a súa autonomía.

 

    E para celebrar a chegada do Magosto, farémolo o venres 12 de novembro, coa tradicional festa de asado de castañas no centro. Queremos contar coa vosa colaboración e que os nenos/as traían a aula un puñado de castañas picadas os días martes, mércores ou xoves desa semana para así o venres degustalas cos amigos/as. Para iso o alumnado terá que levar o seu recipiente colgado do pescozo (pódese facer cun cartón de leite, material de refugallo…). A comida farase por nivéis e se o tempo acompaña, no patio exterior.

Construción recipiente castañas

    

    Grazas pola vosa colaboración!!



page | by Dr. Radut