Skip to Content

Magosto

MENUDO MAGOSTO CELEBRAMOS...

         Martes tivemos un día moi especial... ¡¡A gran Castañada, o gran Magosto do CEIP Rabadeira!! Por suposto non poderíamos celebralo se non fora por uns castañeiros moi especiais aos que lles temos que dar as grazas!!

castañeiros

         O Magosto era o tempo que os galegos reservaban para honrar as colleitas, despois do equinoccio, un costume que non quixemos perder.

castañas

      Sendo o centro de toda a festa, o queixume da castaña mentres era cociñada convidounos a compartir con amig@s e profesores as horas da festa, as cancións que tiñamos preparadas e as actividades feitas no aula sobre a mesma. Aquí estamos toda Educación Primaria agardando pola fornada...¡¡¡Qué boas estaban!!!

nenos no patio

        O certo é que o pasamos moi ben...e case estamos agardando a poder volver a festexar o MAGOSTO...pero aínda nos queda moito por andar...Mentras tanto deixámosvos a nosa cantiga desta festa tan especial:

MAGOSTO NA RABADEIRA



book | by Dr. Radut