Skip to Content

A Carballeira

2º NA FINCA DA CARBALLEIRA

     Os nenos de 2º visitaron a Finca da Carballeira en Oleiros e moi ben o pasaron. Velaquí algunhas das fotos e as súas impresións:

Carballeira 2ºA

     "Onte fun á Carballeira que está en San Pedro de Nós. Alí vin árbores, plantas e arbustos. Na clase temos as plantas para que poidamos ver cómo crecen, son buxo. Vimos unha rapaza que canto veu lle chamaron a paisaxista, con ela fixemos xogos. Tamén collimos follas, noces, castañas e flores..." (Miguel Loureiro 2º A).

nenos con Fran

     "...Onde merendamos había unhas sillas onde cando chegamos deixamos as mochilas e todo o que levamos, excepto os cadernos, os lápices e as cazadoras. Fomos a visitar un invernadoiro. Estos lugares son moi antigas igual que as árbores que hai neles. Os paxaros poden contestarnos na súa lingua. Aprendemos moitas cousas superchulas e interesantes e veu unha paisaxista. Na entrada había un pombal. Vimos casas e carreteras con fincas. Foi unha visita espectacular, a mellor de tódalas excursións." (Rita Ardao 2º A).

na casa

     "Xogamos a uns xogos divertidos. Ensináronnos onde gardar a auga, as árbores, as plantas e prantamos un buxo que levamos para a casa". (Paula Yáñez 2º A).

plantando buxo     "...as plantas a medida que medran hai que cambialas de macetas para que poidan crecer as raíces. Xurxo foi o que nos axudou a plantar os buxos e vimos a diferencia entre as árbores que nacen de semente e as que nacen de brote leñoso. Os restos vexetais bótanse no composteiro para facer un bo abono...¡Cómo aprendimos da paisaxe!..." (Mar Barreiro 2º A).

carballeira     "Vin cores por todas partes, vin macetas e vimos paisaxes diferentes e vimos como cambiaban. Vin tres tipos de dar auga ás plantas: o gota a gota, o aspersor e o difusor...." (Adrián Prego 2º A).

nenos     "...xogamos coa paisaxista e divertímonos moito. Tamén plantamos unha planta e xogamos con Fran e con Marta e con Xurxo aprendimos moitas cousas das plantas e as árbores..." (Lara Nombela 2ºA)



book | by Dr. Radut