Skip to Content

Conmemoracións e celebracións

DIA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO

Hoxe todo o Cole xunto co IES quixemos facer presente a nosa testemuña no DÍA MUNDIAL DE CONCIENCIACIÓN SOBRE O AUTISMO  e fixémolo na praza dos Fornos.

Aqui tedes algunhas fotos:

DIA DE ROSALIA

Tamén celebramos o DIA DE ROSALIA dunha forma especial. Para Rosalia de Castro, as súas raíces foron fonte de inspiración e, dende o cole, queremos homenaxeala regalando sementes para a nosa terra. Plantádeas onde desexedes, e non dubidedes en enviarnos unha foto ao correo do cole: ceip.pontenova@edu.xunta.gal. As semillas atoparédelas en distintos comercios de A Pontenova. Graciñas pola colaboración de todas e todos!!!

ENTROIDO 2023

Este curso celebramos o ENTROIDO dunha forma diferente. Como outros anos disfrazámonos cunha cousa diferente durante toda a semana pero o venres de entroido, saímos polo pobo ata a praza dos Fornos cos disfraces do cole relativos ao noso PDI deste curso: AS ENERXIAS ALTERNATIVAS. Tamén queremos agradecer á nosa alumna de 6º de primaria Natalia, que nos fixo o cartel.

Aqui tedes o resultado:

DIA MUNDIAL CONTRA O CANCRO

O 4 de febreiro é o DIA MUNDIAL CONTRA O CANCRO e con este motivo hoxe no cole fixemos a representación sun lazo verde de TODOS CONTRA O CANCRO, a nosa peque aportación neste día.

NADAL 2022-2023

O derradeiro día de clase antes das vacacións de Nadal celebramos unha serie de obradoiros para celebrar o Nadal. Tivemos obradoiro de instrumentos musicais, de postais de nadal (que enviamos a distintas residencias de maiores) e Karaoke.

Aqui tedes algunhas fotos da experiencia:

Virtual Fest Pontenova 2019-2020

Hoxe damos por rematado o curso 2019-2020 non sen antes despedirnos dun xeito distinto ao habitual. 

Aquí vos presentamos as actuacións de tódolos cursos. 

Agardamos que vos gusten

Virtual Fest 3 anos:

O aniversario de Gusileo

 

Virtual Fest 4 anos:

A misión de Carvalho Calero

Ola a todos/as

 

como xa vos adiantabamos o luns, esta semana ides a ter varias actividades divertidas sobre Ricardo Carvalho Calero.

Letras Galegas 2020

Ilustración de Carvalho Calero no País das Letras, obra de Miguel Cuba Taboada

Distribuir contido


by Dr. Radut