Actividades

FIN DE CURSO EN SALDOIRA

Un curso máis rematamos o último día de clase na área recreativa de Saldoira. Este curso tivemos unha novidade. O alumnado de 5º e 6º fixo a ruta verde do Ferrocarril desde San Tirso ata Saldoira e o resto dos cursos foron andando como os outros anos, desde o Colexio. Tivemos xogos, diversión e comemos todos xuntos.

MOITAS GRAZAS A TODOS E BO VERÁN!!!

 

ACTO DE GRADUACION E XINCANA

Hoxe tivemos un día moi axetreado. Comezamos o día co ACTO DE GRADUACIÓN dos nenos e nenas de 6º de educación infantil e 6º de educación primaria. Tamén se entregaron os premios dos Pasaportes lectores da Illa do Tesouro e un agasallo aos colaboradores de 5º e 6º da Biblionova durante este curso.

E continuamos coa XINCANA organizada pola ANPA na que participaron moitos pais e nais xunto con todos os nenos e nenas do colexio.

SAIDA DE 5º E 6º A UN CONCERTO DIDACTICO

Este mércores o alumnado de 5º e 6º de primaria desprazáronse ata Lugo, concretamente ata o Auditorio Gustavo Freire para asistir a un Concerto didáctico. Así mesmo, visitaron a Exposición itinerante "A plastihistoria" e a Exposición de Instrumentos Musicais antigos.

CHARLA SOBRE RECICLAXE

Onte o alumnado de primaria tIvo unha charla de sensibiización e información sobre RECICLAXE a cargo do técnico  Pedro Miranda Varela.

SAIDA DO ALUMNADO DE PROA

Este luns o alumnado de PROA levou a cabo a súa tradicional saída de "fin de curso". Nesta ocasión foron á Granxa Ëscola Ría del Eo, en Castropol - Asturias. Pasaron un día diferente e moi entretido.

ESTREAMOS MURAL NO PATIO

Onte estreamos mural novo na entrada do Cole. Nel aportamos o noso grao de area, mellor dito, de pintura. Grazas á diseñadora Ana. 

DESPEDIDA DA NOSA AUXILIAR LISSETT

Este mércores 31 despedimos á nosa auxiliar de conversa durante este curso LISSETT. Thank-you very much for all!!!

GOOD LUCK LISSETT!

INTERCAMBIO DEPORTIVO COS CEIP DE LOURENZA E RIOTORTO

O pasado vernres recibimos no noso centro ao alumnado de 3º a 6º dos CEIP de Lourenzá e Riotorto. Neste INTERCAMBIO DEPORTIVO tivemos uns partidos de futbol-sala e baloncesto, unha xincana no patio do cole e para rematar comemos todos xuntos.

Pronto publicaremos algunhas fotos.

CONTACONTOS LETRAS GALEGAS 2017

Este venres tivemos no cole a Servando Barreiro que veu amosarnos a súa proposta didáctica a través de O BARDO ABELARDO, músico e contador de historias. 

Así, O Bardo Abelardo rendeu homenaxe a Carlos Casares cun percorrido audiovisual pola vida e obra do autor, seguindo cunha serie de contos con referncias expresas as obras infantiles  de Carlos Casares como "As laranxas mais laranxas de tódalas laranxas" ou "A galiña azul".

Distribuir contido