Actividades

DIAS MUNDIAIS DA ARBORE E DA AUGA

Durante esta semana celebramos no cole os DIAS MUNDIAIS DA ARBORE E DA AUGA, a iniciativa da Deputación Provincial de Lugo. Lemos un libro durante a hora de ler e faremos distintas actividades que rematarán o venres coa plantación dun amieiro no patio do cole.

SEMANA DA PRENSA

Durante esta semana estamos tamén a conmemorar a SEMANA DA PRENSA, temos murales, revistas, periódicos, prensa dixital e ... estamos a "construir" o noso propio periódico. Para a semana que ven xa vos contamos mais...

DIA DA MULLER

Celebramos o DIA DA MULLER, lemos un manifesto, vimos un video e traballamos a importancia da igualdade entre homes e mulleres en todos os ámbitos, laboral, social, familiar, ...

DIA DE ROSALIA DE CASTRO

Hoxe celebramos o DIA DE ROSALIA DE CASTRO. Durante toda a semana durante a HORA DE LER estivemos lendo todos os cursos poemas de Rosalia aos nosos compañeiros e compañeiras e durante os recreos estivemos vendo un video grabado polos compañeiros e compañeiras de 6º, recitando tamén distintas poesías e contándonos un breve resumo da súa vida.

VIAXE A LUGO E CASTRO DE VILADONGA

O mércores 13 o alumnado de 1º a 4º de educación primaria asistiron a un Concerto Didáctico no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, despois visitaron o Castro de Viladonga e tiveron uns obradoiros de cerámica.

TEATRO EN LUGO

Este venres 19 o alumnado de 5º e 6º de primaria asistiron no Auditorio Gustavo Freire de Lugo a unha obra de teatro en inglés, "Zapping". Remataron a visita con un paseo polas Termas.

Para ver máis fotos pincha na imaxen:

 

Distribuir contido