Actividades

TALLER DE XADREZ

Durante esta semana Oscar Ramallal, o noso compañeiro en prácticas, levou a cabo un taller de xadrez cos nenos e nenas de 1º e 2º de primaria.

MAGOSTO 2018

O pasado venres 16 celebramos no Cole o noso MAGOSTO. Como todos os anos tivemos xogos tradicionais, carreira de sacos, andar en zancos, a corda, encestar castañas, etc. Asamos castañas e despois comémolas cun batido.

 

CHEGOU O SAMAIN AND HALLOWEEN

Hoxe celebramos no cole o SAMAIN e o HALLOWEEN. Trouxemos moitas cabazas moi decoradas e con moito traballo. Os nenos e nenas de 5º e 6º disfrazáronse e repartiron chucherías. O cole estaba moi decorado.

Moitas grazas a todas as familias pola vosa colaboración.

DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Este mércores 24 de outubro celebramos no cole o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Este curso baixo o lema POETICAS DIVERSAS. Así, o equipo da biblioteca organizaou unha búsqueda do tesouro no que ao rematar formábamos un poema que tiñamos que recitar.  Finalmente xuntámonos todos na Biblionova e cada clase leu o seu poema e o colocamos nun mural.

CHARLA CONSUMO DE LACTEOS

O pasado día 10 todo o alumnado de primaria do cole recibiron uns talleres sobre a importancia do consumo de lácteos, frecuencia coa que se deben consumir, etc.

FIN DE CURSO 2017-2018

Este 21 de xuño rematamos o curso 2018-2019. Tivemos un pequeno FESTIVAL, con actuacións musicais, concertos, bailes, chistes, adiviñas, etc. e como non graduamos aos nosos alumnos de 6º de educación infantil, que pasan para primaria e aos nosos alumnos de 6º de primaria, que nos abandonan para iniciar unha nova etapa no IES. Desexámoslles a todos moita sorte e moitos éxitos na súa vida. 

COÑECE AS TUAS INSTITUCIÓNS

O venres 15 de xuño os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria viaxaron ata Santiago de Compostela para, dentro do programa Coñece as túas institucións, visitar a sede da Xunta de Galicia e o Parlamento galego. Tamén houbo tempo para o ocio.

Aquí tedes algunhas fotos:

ACTIVIDADE DE ORIENTACION CONXUNTA CO IES

O pasado xoves 14 o alumnado de 5º e 6º de primaria, xunto co alumnado de 1º e 2º da ESO, fixemos unha xornada de orientación pola zona de Muruais en Goios. Unha convivencia na que se encontraron vellos compañeiros e os que van a ser compañeiros para o curso que ven. Experiencia positiva para repetir.

Pincha aqui para ver algunhas FOTOS.

SAIDA 1º A 4º A LUGO E VILADONGA

Este mércores o alumnado de 1º a 4º de primaria asistiron a un CONCERTO DIDACTICO no Auditorio Gustavo Freire de Lugo, a continuación visitaron o CASTRO DE VILADONGA, onde recibiron explicacións sobre o Castro e tiveron obradorios de cerámcia.

SAIDA FINAL DE PROA

Este mércores 13 tamén o alumnado de PROA asistiu a unha saída de final de curso. Foron a Castropol e Ribadeo, viaxaron en barco, e vixeron diversas visitas.

Distribuir contido