Skip to Content

SOLICITUDE COMEDOR E PERSOAL COLABORADOR PARA O CURSO 2021-2022

Ábrese o prazo para presentar solicitude para usuarios do COMEDOR ESCOLAR para o curso 2021-2022. O prazo de solicitude remata o vindeiro martes 6 de xullo. O horario de atención no colexio será de 9:30 a 13:30 horas.


Así mesmo, ábrese o prazo para solicitar ser COLABORADOR/A  no comedor escolar no curso 2021-2022. Neste caso o prazo para presentar as solicitudes remata o 8 de setembro.

 

ACHEGAMOS MODELOS DE AMBAS SOLICITUDES.

FESTIVAL FIN DE CURSO

Bo día. Aquí tedes o noso FESTIVAL VIRTUAL DE FIN DE CURSO. Bo verán.

 

4º EDUCACION INFANTIL

5º EDUCACION INFANTIL

 

 6º EDUCACION INFANTIL

 

 

1º PRIMARIA

Non vos esquezades de ler!

Están a piques de chegar as vacacións e xa tedes algunhas recomendacións lectoras para este verán adaptadas aos distintos niveis e gustos. 

Obradoiros STEAM

Obradoiros de circuítos en papel

Ao longo do terceiro trimestre  fixemos varios obradoiros de circuítos en papel.

O alumnado de terceiro e cuarto creou un xogo de conectar os ríos de Galicia co seu nome, mentres o o grupo de 1º e 2º elaborou un co  conto Little Red Riding Hood.

 

DIA DO MEDIO AMBIENTE

Este luns celebramos no cole o DIA DO MEDIO AMBIENTE e que mellor que facendo na nosa contorna e así, saímos a recoller lixo.

Pinchade aquí e nos atoparedes recollendo lixo pola Pontenova:

OBRADOIROS CON PABLO OTERO

O pasado venres estivo no noso Centro Pablo Otero, que impartiu a todo o centro, respetando as normas sanitarias establecidas, uns obradoiros nos que se lle deu unha segunda vida aos nosos libros, reutilizando materiais para crear libros de artista e libros obxecto.

LETRAS GALEGAS 2021: XELA ARIAS

Aquí temos a nosa peculiar celebración neste curso o DIA DAS LETRAS GALEGAS 2021, adicado este curso a  XELA ARIAS.

- 5 E 6º PRIMARIA:

- 3º E 4º PRIMARIA:

- 2º DE PRIMARIA:

- 1º PRIMARIA:

Distribuir contido


by Dr. Radut