Skip to Content

DIA DE ROSALIA DE CASTRO

Este venres 23 de febreiro conmemoramos o DIA DE ROSALIA DE CASTRO. Durante toda a semana na Hora de Ler as/os nenas e nenos de todas as clases léronlle e cantaron por megafonía distintos poemas de Rosalí. O venres todos xuntos celebrámolo na entrada do cole co alumnado de 6º de primaria.

Pinchando na foto tedes algunhas fotos para ver:

ENTROIDO 2018

Hoxe celebramos o ENTROIDO. Este ano os disfraces xiran en torno ao tema de "Cantos e contos da terra". Teremos o desfiles pola tarde, queimaremos o Meco e despois merendaremos chocolate con roscos.

Aqui tedes o mural que prepararon a esta celebración os nenos e nenas de 3º e 4º de primaria. Pinchando nel atopareis todas as fotos:

TEATRO EN LUGO

O alumnado de educación infantil e de 1º e 2º de primaria asistiron este xoves 8 de febreiro a unha OBRA DE TEATRO "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO" no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.

Si pinchades na imaxe podedes ver todas as fotos da viaxe

TEATRO EN LUGO

O alumnado de educación infantil e de 1º e 2º de primaria asistiron este xoves 8 de febreiro a unha OBRA DE TEATRO "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO" no Auditorio Gustavo Freire de Lugo.

Si pinchades na imaxe podedes ver todas as fotos da viaxe

DIA DA PAZ

Este martes 30 de xaneiro conmemoramos o DIA DA PAZ. Vimos videos, os rapaces e rapazas de 6º preparaon unha explicación sobre este Día e fixemos un mural de pombas con mensaxes.

 

VISITA A UN FERREIRO LOCAL

Con motivo do Entroido no colexio xa se está traballando a tope. E para ambientar aos nenos e nenas na temática do PDI deste curso onte visitaron desde 3º a 6º de primaria a un ferreiro local. Pinchando na imaxe tedes algunhas fotos da visita.

FESTIVAL NADAL 2017-2018

Este xoves celebramos o noso tradicional FESTIVAL DE NADAL. Nel tivemos a visita de Papá Noel, obras de teatro, raps, bailes, panxoliñas, poesías, chistes, bromas, cantigas e moito moito humor. Rematamos cun regaliño para todos os nenos e nenas.

Pinchnado na imaxe tedes acceso a todas as fotos das distintas actuacións do festival:

VIAXE A LUGO DE 3º E 4º

Este mércores 13 de decembro o alumnado de 3º e 4º de primaria viaxaron a Lugo para asistir no Auditorio Gustavo Freire á obra de teatro RUBICUNDO. Despois comeron e completaron a xornada nun centro comercial da capital da provincia. Para ver algunha foto pincha na imaxen:

Distribuir contido


by Dr. Radut