Skip to Content

DIA DO LIBRO

Hoxe celebramos dentro do MES DO LIBRO, o DIA DO LIBRO, para elo tivemos videos, preparamos un mural e durante toda esta semana faremos o apadriñamento lector. FELIZ DIA DO LIBRO  e a aproveitalo.

Pinchando na imaxe podedes ver todas as fotos que fixemos:

CONCERTO ABRAHAM CUPEIRO

Este martes saimos todo o colexio ata a Casa da Cultura para asisitir a un CONCERTO PEDAGÓXICO "RESOANDO NO PASADO" de ABRAHAM CUPEIRO. Asisitiron tamén os rapaces e rapazas do IES. Moitas grazas ao Concello e á Diputación provincial por invitarnos.

Pinchando no imaxen tedes moitas mais fotos para ver:

DIAS MUNDIAIS DA ARBORE E DA AUGA

O venres 23 de marzo conmemoramos os DIAS MUNDIAIS DA ÁRBORE E DA AUGA e fixémolo un ano mais coa colaboración da Deputación Provincial de Lugo. Durante a semana lemos un libro que nos enviaron, e hoxe, o alumnado de 6 leunos unha explicación da importancia de celebrar este día, plantamos este ano un salgueiro que o bautizamos co nome de SABIO, nome escollido polos nenos e nenas de 6º de educación infantil, e rematamos a actividade cantando o Himno Galego.

ALMORZO SAUDABLE E HIXIENE BUCODENTAL

Este martes o alumnado de 5º e 6º de primaria almorzamos no cole.  Persoal da Xefatura Territorial de Sanidade deronnos unha charla informativa sobre o que debemos almorzar para estar ben alimentados e sans e con eles tamén practicamos como se deben lavar as mans e cepillar os dentes. 

Despois almorzamos todos xuntos. Aqui tedes algunhas fotos se pinchades na imaxe:

CONCERTO DIDACTICO EN SANTIAGO

Este venres o alumnado de 3º a 6º de primaria fixeron unha saída a Santiago de Compostela para asistir a un CONCERTO DIDACTICO no Auditorio, para despois ir a comer ao Centro comercial As Cancelas e rematar a xornada cunha visita ao MUSEO DO POBO GALEGO.

Pinchando na imaxe podedes ver as fotos desta saída:

CURSO DE RUGBY

Ao longo da semana pasada e durante parte desta tivemos a oportunidade de coñecer un deporte minoritario na nosa provincia como é o RUGBY da man de Manuel Miranda, o impulso desta disciplina en Lugo e que colabora coa escola do Clube Muralla, ao que acoden mais de 60 rapaces e rapazas de todas as idades. Con él puidemos coñecer como son os adestramentos que se fan en rugby, as súas normas, etc.

DIA INTERNACIONAL DA MULLER

Hoxe sumámonos ao DIA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. Vimos uns videos, inventamos uns hastags e fixemos un mural. Na hora de ler os nenos e nenas de 6º explicáronnos que e porque conmemoramos esta data.

Para máis fotos pinchade na imaxe:

SEMANA DA PRENSA

Durante esta semana celebramos no cole a SEMANA DA PRENSA. Na cal temos diferentes periódicos, revistas, prensa dixital, no hall do colexio para traballar con eles. Ademais, un día desta semana será o día de traballar con periódicos e sen libros.

Distribuir contido


by Dr. Radut