Skip to Content

Benvidos/as ao curso 2024-2025

Benvidos/as a un novo curso escolar.

Agardamos que disfrutárades moito das vacacións e veñades cargados/as de enerxía.

Lembramos que as clases comezan o vindeiro 11 de setembro co seguinte horario

9:30-14:30 Clases

14:30-15:30 Comedor e saída

ENTREGA DA CESTA AO NÚMERO 427

 

O pasado 27 de xuño celebrouse un novo sorteo da cesta ao non aparecer a persoa gañadora, sendo o número 081 o agraciado.

Ao non aparecer gañador/a, hoxe fixemos entrega á persoa portadora do número 427 do seu premio, que se vai con destino A Coruña. Agardamos que o disfrute moito.

 

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Bo día,

Aquí tedes as recomendacións de Gusileo para este verán. Agardamos que disfrutedes moito das lecturas.

Unha aperta!

APERTURA PRAZO DE ADMISIÓN PARA COLABORADORES/AS DO COMEDOR

As nais, pais, titores/as legais e acolledores/as familiares do alumnado deste centro, que desexen, ao longo do curso 20024-2025, colaborar de xeito altruísta nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán apuntarse nas listas de admisión, que, habilitadas para este fin, se atopan na Dirección.

O prazo para presentar solicitudes permanecerá inicialmente aberto ata o día 8 de setembro de 2024, podéndose reabrir un novo prazo, de ser o caso, ata o 22 de decembro de 2024.

REVISTA ATURUXO CURSO 2023-2024

Como cada curso, aquí tedes a nosa revista : ATURUXO. Nela poderedes ver moitas actividades que fixemos ao longo do curso, así como creación do propio alumnado. Para acceder a ela, podedes facelo a través do código QR ou accedendo ao enlace que vos deixamos.

Esperamos que vos guste!!

    

SORTEO DA CESTA PARA A VIAXE FIN DE CURSO

Hoxe celebrouse o sorteo da cesta entre todas as rifas vendidas para a viaxe de fin de curso que fará o alumnado de sexto a vindeira semana.

O número gañador foi o  490.

Noraboa á persoa agraciada e moitas gracias a todos/as por participar.

Aquí vos deixamos o vídeo do sorteo.

 

GAÑAMOS!!!

GAÑAMOS!!!!!

Como sabedes, este curso estivemos "A Hortas coa Vida" e deste proxecto, un dos produtos foi esta experiencia audiovisual. Fixémolo con moito agarimo e detrás hai moito traballo de todos nos. Estamos moi felices e orgullosxs de gañar, isto vai mais aló do material e cremos que define este curso 2023-2024 en boa medida.

Aquí tedes o enlace do video: https://vimeo.com/942427273?share=copy

 

SOMOS SEMIFINALISTAS!!!!!!!

SOMOS FINALISTAS DO CONCURSO “ECOEXPERIENCIAS PARA CREAR CONCIENCIA”!!
Hoxe foi un día moi feliz no cole, xa que recibimos esta gran nova. De entre moitos coles de España que se presentaron ao concurso, quedamos entre os 5 finalistas.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 24/25

Apio ás familias

Dende o 21 de maio ata o 21 de xuño de 2024, abrirase o prazo de presentación de solicitudes para o Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros e material escolar do curso 24/25.

 

Distribuir contido