Iniciar sesión: Acceso

Guimariñoleo, Biblioteca escolar, Dinamización, Traballo por proxectos, Radio escolar, Escornabots

ESCORNABOTS EN PAZ

Con motivo da celebración do Día escolar da Non Violencia e a Paz no cole de Pobra decidimos crear xogos para disfrutar cos escornas e continuar aprendendo. Neste caso, deseñamos xogos que nos axudaron a traballar acerca das normas de conduta, respecto aos demais e normas de convivencia no centro escolar.
Así, xurdiron dous xogos que a continuación vos presentamos:

Podo- Non podo:
Este xogo está baseado nas ensinanzas que nos conta o libro "Cachorros & cachorros" e que nos conta de un xeito moi simpático o que poden facer cachorros de diferentes animais pero que nós non podemos, aínda que sexamos cativos. Usando as ilustracións do libro creamos unhas tarxetas para recordar o que podemos e o que non podemos facer.
A actividade está pensada para a Etapa de Educación infantil e os primeiros cursos de primaria. Tedes a ficha sobre o xogo e o material necesario para o seu desenvolvemento nos documentos adxuntos.

Xogo da paz:
Para os últimos cursos de primaria creamos este xogo que pretende que os nenos e nenas razoen acerca dos comportamentos e das situacións de convivencia que poden xurdir na escola. En cada unha das tarxetas aparece unha situación a cal deberemos dar solución, sabendo que non sempre hai un xeito único de actuación. Con esta actividade pretendemos que o alumnado reflexione e debata acerca das normas do centro, da resolución dos conflitos que poden xurdir e se poñan no lugar dos demais.
Tamén podedes ver a ficha do xogo e os materiais necesarios nos documentos anexados.

Estes xogos foron todo un éxito como podedes ver nestas imaxes así que seguiremos aproveitando a robótica como un recurso fundamental para as nosas aprendizaxes.

Esperamos que vos gusten.

TODOS COA PAZ NO CEIP POBRA DO BROLLÓN

Voltamos das vacacións do Nadal, cos mellores propósitos do novo ano que comeza: mellorar!. E é que xaneiro chega cargado de proxectos e cunha  gran data para reflexionar: O dia da Paz. Momentos que invitan á importancia de vivir en paz, medrando fortalecidos polos valores, que nos levan a convivir no respeto á diversidade, na tolerancia, na solidariedade,  pilares sobre os que contruír  futuro.

Abordamos este tema dende todas as materias e como na maioría das conmemoracións a biblioteca foi o motor central facendo as súas propostas.

Creamos o recuncho lector cos libros da biblioteca que abordan esta temática. Este recuncho colocouse na entrada do comedor.  A biblioteca saiu fóra do seu recinto e facilitou a posibilidade de ler ao alumnado surtindo os momentos de lectura ou de lecer con contos do recuncho.

Seleccionamos algúns destes contos para traballar nas aulas: hora de ler, plan lector…

Infantil: “Cachorros cachorros”, “Unha manchea de bicos” “O segredo de Flora”.

En 1º e 2º: “Cachorros cachorros”, “Cuando me hice así de pequeño” “O segredo de Flora” “A casa grande” “A manchas ou a raias?”.

En 3º e 4º: “O elefante dunha soa orella”

En 5º e 6º: “O Carteiro de Bagdag”,”O segredo de Flora”, “A casa grande” e prepararon para contar ao resto do cole: A manchas ou a raias? De Estefania de Padullés.

Creamos un poema para unha canción: Nas áreas das linguas, reflexionando sobre as mensaxes das nosas lecturas, participamos nun obradoiro de poesía para describir a PAZ. Xogamos coas palabras, as estrofas e a rima. Así naceu a 1ª estrofa dun poema en primeiro e segundo; o retrouso en 3º e 4º e as tres últimas estrofas en quinto e sexto. O profesor de música creou a melodia para despois cantar todxs xuntos unha canción cargada de mensaxe

 Poema

Música

Durante a semana do 25 ao 31 de xaneiro a hora de ler estivo organizada por actividades que nos invitaban á reflexión sobre esta gran necesidade no mundo: A PAZ!.

O luns viron na aula virtual unha curtametraxe: “A terra é miña”

O Martes viron a curtametraxe: “Tres puntadas”.

O Mércores viron a curtametraxe: “O reino”

O Xoves: Os biblioaxudantes de 5º e 6º contaron o conto de Estefanía de Padullés “A manchas ou a raias?”. Empregaron como soporte o conto en powert point.

Despois das sesión abriase un pequeno debate para facer valoracións persoais,  impresións, e sobre todo analizar  mensaxes e conclusións.

O venres colocamos un mural  realizado dende a área de plástica: contén o poema que crearon todxs e os debuxos que realizaron na sesión de plástica, no que plasmaron o que lles transmitía PAZ. Dende plástica, traballaron tamén con papiroflexia, construíndo pombas da Paz e que serviron para completar o mural e ambientar o recuncho lector da PAZ.

O venres pola tarde dedicámolo a actividades sobre a Paz na biblioteca: Cantaron a súa canción e despois xogaron cos escornabots con dous xogos creados polo Equipo de biblioteca en torno a boa convivencia, ás  boas condutas e modales  e á PAZ.

Creamos dous xogos cos escornabots para xogar en equipos.

Un para infantil e primeiro e segundo sobre o libro “Cachorros cachorros” que traballa dunha forma simpática o que fan os cachorros pero   que non debemos facer os nenos e nenas.

O xogo titúlase: Podo! Non podo!

O outro xogo está dirixido a 3º, 4º, 5º e 6º. Invita á reflexión sobre as actitudes ou decisións que se deben tomar ante diversas situacións conflictivas do día a día e traballa conceptos nos que nos pode por a vida: refuxiados, emigrantes.

Este xogo titúlase: “Xogo da Paz”

Rematamos unha semana tentando aumentar a sensibilización e o compromiso cara a necesidade de sentir a Paz empezando por mirarnos a nós mesmos e actuar implicándonos co seu triunfo paso a paso.

Como moi ben nos deixou reflexionado Gandhi:

"Si queres cambiar o mundo, cámbiate a ti mesmo."

 

 

RADIO GUÍMARO RESPOSTA AO CEIP PLURILINGUE DE SOBER 1

Despois de iniciar esta emocionante serie de programas de radio escolar a través do proxecto Radio na Biblio de Plambe, hoxe tocounos respostar á primeira pregunta que días atrás nos facian os compañeiros do CEIP Plurilingüe de Sober. De camiño enviámoslles nós a nosa primeira  pregunta.

A través de programas de ida e volta irémonos coñecendo un chisco máis!

Se queredes coñecer a información que recollemos escoitade o noso programa.

Radio Guimaro para  Radio lectuvin 

 

O PRINCIPIÑO EN RADIO GUÍMARO

O  PRINCIPIÑO NO CEIP DA POBRA DO BROLLÓN

Despois dun descanso forzoso, en radio escolar,  pois tivemos o ordenador estropeado volve Radio Guímaro. Inda que con retraso iremos emitindo os programas preparados que iremos grabando.

Aquí vos deixamos o conto que creamos todo o colexio, polo Día das Bibliotecas con imaxes do Principiño de Saint Exupéry e que vos contamos tamén todo o colexio a través de Radio Guímaro.

"O Principiño na Pobra do Brollón"

 

Esperamos que vos guste!!

 

INVENTOS E CIRURXÍA: O NOSO CORAZÓN.

Xa o tiñamos bastante claro, pero agora aínda máis. Os nosos nenos e nenas de sexto son todos uns fedelleiros, capaces de crear verdadeiras obras de arte!

Esta semana, aproveitando que na área de Ciencias Naturais tivemos que estudar o sistema circulatorio e o funcionamento do noso corazón, sacamos do armario de material unha maqueta deste complexo órgano e puxémonos mans a obra. 

O primeiro que fixemos foi abrir a caixa e ver os compoñentes. Entre todos leron as instrucións e fixéronse con aqueles materiais que precisaban pero que non se incluía na maqueta (aceite,  vasos de plástico...) ademais de outras cousas que eles creron convintes traer porque podían ser necesarios coma periódicos e panos ( e non sabedes o ben que nos veiñeron).

Con todo preparado, o equipo de inventores púxose mans a obra e seguiron os pasos que marcaban as instrucións. Primeiro, houbo que medir e cortar os tubos que farían de vasos sanguíneos, para despois introducilos respectando o sentido da circulación do sangue a través do noso corazón. Toda unha obra de inxenería! Chegou o momento de encher o noso corazón de sangue (auga con colorante) para logo cerrar o circuíto e poder disfrutar e comprender a nosa maqueta. 

No seguinte enlace, tedes as imaxes de como foi a construción: 

Construíndo a nosa maqueta do corazón. 

 

Pero non pensedes que todo foi fácil neste traballo. Tamén tivemos varios tropezos que os nenxs tiveron que resolver e que xuntxs conseguiron sacar diante. O primeiro foi que ao usar aceite para introducir os tubos nas válvulas se engrasou todo, polo que esvaraba todo. Ademais, cando comezamos a introducir o sangue no sistema aumentou moito a presión do circuíto e reventaron algunhas xuntas. Menuda montamos! Había "sangue" por todos lados. Esto permitiunos pensar e reflexionar acerca das enfermidades vasculares e por un ratiño, os rapaces convertéronse en cirurxiás e repararon a desfeita. Despois só nos quedou limpar (que tamén foi unha tarefa ben dura). E senon, mirádeo vos memos! Preme aquí. 

Pero case mellor que todo esto volo conten eles memos. No seguinte vídeo podedes ver a explicación da montaxe e do funcionamento do corazón, así como as dificultades que xurdiron no proceso. Como veredes, fixérono sen un guión marcado, falando eles mesmos da súa propia experiencia. Podedes disfrutar do vídeo premendo aquí.

Por último decidimos compartir o aprendido cos nenos o nenas do cole para que se vaian familiarizando cos contidos que pronto lles tocará traballar a eles tamén. e quen mellor para contarlles todo esto que os seus compañeiros. Como podedes ver nestas imaxes, todos estiveron moi atentos e disfrutaron da explicación nunha ponencia na nosa biblioteca creativa. 

Xa estamos pensando en cal será o proximo invento!.

SAMAÍN E HALLOWEEN NO CEIP DA POBRA DO BROLLÓN.

Chegan as datas de Samaín e Halloween, dúas festividades que nos achegan a cultura de dous países: o noso, coa celebración de Samaín e o culto aos antepasados e Halloween, festa  inglesa que celebramos para coñecer tamén a cultura do país do que estudiamos a lingua   relacionada tamén co Samaín.

Ninguén é alleo no centro a esta celebración. Entroncamos a materia de inglés, o EDLG, Activ. Complementarias e Extraescolares e a Biblioteca

Na biblioteca aparece no expositor da actualidade os contos e escritores de medo,  do que gardamos unha boa recopilación en Galicia  e que leremos na hora de ler ou no club de lectura durante este tempo. Alí temos a Agustín ferrnández Paz: “Malos tempos para os fantasmas”, “Fantasmas no corredor”; Xavier Docampo:  “O misterio das badaladas” “Corre corre cabaciña”, “Indo para o Samaín”, “A miña amiga a escuridade” obras de Marilar Aleixandre…

AS FAMILIAS CONTAN:

Durante esa semana o centro invita ás familias a vir contar un conto de medo  na hora de ler, Unha actividade que nos encanta a todxs ademáis de sorprender coa calidade do relato e ata as súas propias adaptacións e creacións. O certo  é que o alumnado de 3 a 12 anos queda  totalmente enganchado e  intrigrado mantendo a atención dun xeito asombroso.

O luns acudiron ao centro: Eva, tía de Marina e Lidia nai de Martín e Emma. Eva contounos  maxistralmente o conto de “Corre corre cabaciña”. Lidia contounos  unha historia de nen@s ambientada nun cemiterio “A alianza”. Mezcla de lectura e contar….pero mantívonos en suspense dende o principio ao fin no que nos deixou unha clara mensaxe:  “Nunca collas o que non é teu”.

O martes acudiou ao centro Sandra, nai de Senén. Contounos un conto de Anxel Fole, ambientado no Courel, a historia dun capador que despois da celebración da matanza se foi para a súa casa  noutro pobo nunha noite escura de inverno a pesar da invitación dos veciños a quedarse. Os lobos acompañárono todo o camiño….rodeábano…entón coñeceu o  medo.

O mércores   Toño, Silvia, Mª José e Pablo papás  e mamás de  Antía e Pedro  prepararon un conto de guiñol. Unha posta en escea de auténticos profesionales.  Unha historia de bruxas  que  fomentaba a lectura e que foi creada por Silvia e Mª José. Pasará a ocupar un lugar especial no recuncho das creacións. Podédela ver  neste vídeo.

Todos eles auténticos contacontos e de tal calidade, que nos deu mágoa non compartir estas historias. Así que as que non están en vídeo  serán contadas na radio escolar.  Teredes a oportunidade de   escoitalas próximamente en Radioguimariño.

Premendo aquí podedes ver as imaxes dos nosos contacontos.

MENÚ TERRORÍFICO

Ese día no comedor disfrutamos dun menú terrorífico. Comprobamos  as mañas e creatividade de Mercedes a cociñeira, e Óscar o encargado de comedor como podedes ver nestas imaxes.

HALLOWEN E SAMAÍN.

No tempo de lecer despois do xantar o alumnado de 5º e 6º disfrazouse para visitar as clases e asustar aos seus compañeiros. Deste xeito entroncamos as dúas festividades: halloween e Samaín. A fin de paliar os medos, os titores cóntanlles aos máis pequenos que o alumnado de 5º e 6º lles vai a dar unha sorpresa.  Nas visitas ás aulas, despois de intentar asustalos reparten caramelos para recompensar o primeiro susto, este ano chocolatinas….

Despois baixamos todos ao comedor e os nosos biblioaxudantes, o alumnado de 5º e 6º que recolleron relatos de medo da nosa zona contaránnolos  á carón da exposición das cabazas.

Aquí tedes as imaxes que resumen a nosa celebración.

CONCURSO DE CABAZAS:

Dende hai anos  convócase un concurso de cabazas con material de refugallo. Unha tarefa que fan nas casas. Acadamos unha exposición de creacións orixinais e de calidade donde de novo estiveron implicadas as familias. A calidade dos traballos era alta, difícil seleccionar unha por curso, así que o premio consisitiu nun lote de libros para cada aula, un diploma e chuches terroríficas para todxs.

Infantil: levou o premio das cabazas máis terroríficas.

Primeiro e segund levou o premio das cabazas máis ecolóxidcas  pois abundaban os elementos naturais.

Terceiro e cuarto levou o premio ás cabazas máis estrambóticas.

5º e 6º Levou o premio ás calabazas máis monstruosas.

A Cociñeira levou o premio á cabaza máis sabrosa.

Se premedes aquí podedes ver imaxes de todas as cabazas que chegaron ao centro.

Foron días de traballo colaborativo, no que estivo implicada toda a comunidade educativa. Moitas grazas especialmente ás familias que viñeron a contar, que axudaron a facer cabazas… Gracias á implicación de todxs vivimos días emocionantes, que romperon a monotonía  do dia a día das aulas, nos que non deixamos de compartir experiencias e aprender…

Formación de Radio Escolar con Rede Espora

Aquí temos un vídeo resumo enviado por Rede Espora  das estupendas xornadas de formación que realizaron por algúns centros de Galicia que formaban parte do proxecto de radio escolar posto en marcha pola asesoría de biblioteca Escolares, entre os que nos atopamos nós, para crear

Radioguimariño.


24 de Outubro: Día mundial da Biblioteca.

 

 

mércores 24 de outubro celébrase o día das Bibliotecas en todo o mundo. Dada a importancia que as bibliotecas teñen nas nosas vidas, consideramos que debíamos celebralo ao grande. Ademaisaproveitamos esta celebración para pór en marcha a biblioteca do noso centro así como as actividades que se van a desenvolver nela ao longo do curso.  

 

A biblioteca é un espazo de encontro e oportunidadePodemos…. 

 

FORMARNOS.  

Esta celebración é o resultado de semanas de traballo e formación por parte dos nenos e nenas de quinto e sexto. Eles fórmanse na xestión e organización da biblioteca, reflexionan sobre as normas e ata nos dan consellos para o seu bo uso converténdose nuns estupendos biblioaxudantes. A través dunhas xornadas de portas abertas para toda a comunidade escolar na hora de ler o xoves e venres desta semana, os cativos explicaron como atopar a información, o sistema de organización a través da CDU en Meiga, os distintos espazos da biblioteca (espazo fedelleiro, laboratorio de Radio Escolar, recunchos de lectura por idades, o recuncho de poéticas diversas…) así como os programas nos que participamos este curso como Biblioteca Creativa e a continuidade da Radio Escolar.  Aquí tedes un resumo en imaxes coas familias que nos acompañaron.

 

CONTAR E REPRESENTAR: 

A tarde do martes foi toda unha festa na biblioteca. Comezamos cos nosos biblioaxudantes que se estrearon como contacontos. Contáronnos o conto de “Os Bolechas queren saber como é unha biblioteca”, e aínda que era o estreo e os acompañaban os nervios, recibiron un merecido e caloroso aplauso.  

 

CREAR:  

Tamén creamos o nosa versión do “Principiño”. Utilizando as ilustracións do propio conto, os nenos de infantil comezaron a crear unha nova historia que viaxou ao longo de todas as clases para rematar en quinto e sexto, os encargados de poñerlle punto e final. Ademaisos debuxos foron ilustrados a través de diversas técnicas artísticas e o resultado non nos puido gustar máis. Aquí o tedes. Aproveitamos un anaco para ler o conto entre todos.  

 

XOGAR:  

A través do xogo, continuamos desfrutando da biblioteca.  

Os máis pequenos (infantil, primeiro e segundo) construíron diferentes crebacabezas de contos tradicionais.  

O demais nenos e nenas continuaron aprendendo sobre a biblioteca mentres xogabamos cos escornabot, uns pequenos robots que van dar moito xogo no noso cole. En equipos mixtos tiñan que percorrer co seu robot o tableiro e superando as probas e preguntas que lles plantexabamos. Aquí tedes unha mostra das probas ás que tiveron que enfrontarse os nosos valentes lectores.  

 

DISFRUTAR:  

Despois de tanto traballo, chegou a recompensa cunha visita moi especial: o doce Principiño chegou repleto de chuches e doces para os nenos e nenas (e para os profes tamén).  

Ademais, entregamos os marcapáxinas do colectivo Lemos Le que este ano está escrito por ¡Ramón Sandoval, un escritor da nosa comarca.  

 

Sen dúbida, pasamos un día moi fermoso. A Nosa biblioteca meréceo todo. Disfrutade das fotos que podedes ver premendo aquí 

Tamén tedes aquí este vídeo que o resume todo. Esperamos que vos guste.  

Conmemoración do Día do Maior no centro de día.

Visita ao Centro de Día:

O pasado día un de outubro conmemorouse o día do maior. Non hai mellor motivo, pois, para iniciar as visitas ao centro de día e pór en marcha o noso club de Lectura…..

 

Queriamos aportar o noso gran de area a esta merecida conmemoración; así que proveitamos para ler “Quén me quere adoptar” de Fina Casalderrey…. reflexionamos sobre a fermosa historia de Manuel,  un mestre xubilado que se atopa só…e ten moito que dar…pero a quén?

 

A súa dona morreu,  a súa filla está traballando de médico en África…e él ten uha fermosa biblioteca, moitos libros para ler….así que pon un cartel para que o adopte unha familia na que haxa nen@s.

 

Así é como Manuel, despois de algunha decepción atopa unha familia que o respecta e o valora….e á que Manuel, por suposto, enriquece coa súa sabiduría, as súas historias…a compaña mutua que se fan.

 

Resultado de imagen de quen me quere adoptar

 

 

O xoves, día 4 de outubro, visitamos aos nosos amigos e comprobamos unha vez máis canto podemos aprender das  súas experiencias…e canto podemos compartir

Contáronnos como celebraran o día do maior: cunha festiña na que fixeron a tarta da avoa; xogos que recordaron e que nos contaron: a billarda, o aro, as chapas, a rá…..

Falamos  da súa infancia, do que costaba ir á escola cando quedaba tempo, pois había que axudar nas tarefas da casa….Unha sesión extraorinaria como podedes comprobar nestas imaxes.

 

Imaxes Día do Maior. 

 

Nós  contámoslle a historia do libro que lemos, e seguimos a falar da importancia de todas as persoas, do respecto, do esforzo……Falamos das súas profesións, dos nosos proxectos de futuro, déronnos consellos…foi unha sesión extraordinaria que decidimos plasmar neste primeiro  programa de radio deste curso…..pois a todos nos encanta.

Radio Guímaro no Día do Maior.

 

 

PROXECTO ESCANEANDO O PASADO

ESCANEANDO O PASADO

Durante o curso 2017-18 voltamos a vista atrás para indagar nalgúns aspectos  etnográficos do noso concello. Así coñecemos oficios prácticamente desaparecidos e de camiño o modo de vida dos nosos antepasados.

Se queres consultar o desenvolvemento do noso proxecto e o entronque coa programación pulsa aquí

Un dos apectos etnográficos importantes no nosos concello son os sequeiros e a importancia que tivo a castaña no noso concello. Así que despois de investigación, saídas e recollida de información elaboramos un panel informativo

 Polo magosto elaboramos un manual de receitas con castañas.

Investigamos sobre patrimonio inmaterial achegándonos aos brindos. Realizamos un obradoiro de regueifas, e unha convivencia co IES de Vila de Cruces. Esta actividade estivo organizada conxuntamente co concello. Rematamos cun festival de regueifas e brindos na casa da cultura OLga Novo.

Presentámoslles os brindos

Investigamos como eran antes as escolas, os materiais que se usaban..Recollemos información nas nosas localidades pero este traballo continuará o vindeiro curso para tratar de acadar a relación total das escolas unitarias do noso concello.

Distribuir contido