Iniciar sesión: Acceso

Biblioteca escolar

O ENTRODIO NA POBRA DO BROLLÓN

NA  POBRA DO BROLLÓN VIVIMOS UN ENTROIDO MOLÓN.

O entroido é unha  celebracción tradicional en Galicia, e nós vivimolo tratando de achegarnos á tradición para coñecelo a fondo e tamén a Salcedo, . unha localidade do noso concello donde se vive un dos entroidos singulares de Galicia.

Abrimos esta celebración preparando os respectivos xoves de compadres e comadres. Para elo o centro vive unhas xornadas donde hai dous equipos  confrontados as comadres, e os compadres. O venres anterior ao xoves de compadres, comeza a intriga, o misterio, e os segredos: Dende 3º a 6º fanse dous obradoiros integrados un polas mestras e nenas que se encargarán de elaborar os compadres e outro  polos Mestres e os nenos que se encargan de facer as comadres.

Así cada equipo terá un segredo que só se desvelará cando saen á luz os compadres e as comadres os respectivos xoves. Ábrese un tempo de pillería para saber uns dos outros e tamén de búsqueda para intentar atopar  os compadres e as comadres que cada equipo escondeu.

O primeiro xoves foi  o de compadres. Ali estaban os dous profes Óscar e Félix encarnando os personaxes de  Pepe Gotera e Otilio, cunha historia titulada “Óscar Goteira e Felixio, chapuzas a domicilio”. O xoves á última hora da tarde os profes acompañados dos nenos de 6º leron a súa historia para todxs e despois como manda a tradición as nenas sacaron o compadre que trataron de salvar os nenxs. Rematou esta loirta duns 10 minutos  coa queima do compadre.

Ao Xoves seguinte saíron as comadres. Esta vez, as profes encaramadas  nunha escada, encaran  unha historia titulada: ”As secretarias de Brollón suben a escaleira a mogollón” pois son moitas máis que profes. Igual que o xoves anterior, na última sesión da tarde, leron a súa historia para todxs. A continuación os nexs sacaron a comadre, e as nenas intentaron rescatala e salvala. Rematou a xornada coa queima da comadre.

Participamos no concurso que organiza o concello de compadres e comadres, recibindo un accessit de 50,00€ pola elaboración dos compadres.

Durante esa semana de entroido tamén seguimos as ordes do Meco de luns a xoves  de xeito acumulativo. As familias recibiron unha nota coas ordes do meco.

O venres despois do recreo disfrazámonos tamén seguindo as instruccións deste entroido. Dado que estamos traballando coa reciclaxe e o tratamento dos plásticos, non se poden usar plásticos nin mercar traxe. Hai que investigar no baúl das avoas e avós e disfrazarnos baixo lema “A década dos 60”. Dende o cole e coa axuda da nova impresora 3D creamos uns colgantes co símbolo dos anos 60, o da paz, que lgo decoramos en plástica con diferentes técnicas.

 

Aproveitamos o recreo para vestirnos, logo saímos do centro para visitar aos nosos amigxs do centro de día e continuar o percorrido pola localidade. Nas tendas tiráronnos caramelos que agradecemos moito, Recibíronnos no concello donde tamén nos deron caramelos e que tamén agradecemos.

Despois xa de volta, paramos un anaquiño no parque. Este día o xantar foi unha hora máis tarde, ás dúas pero non importou porque aproveitamos para pasalo ben.

Podedes disfrutar de todas as imaxes do noso desfile premendo aquí. 

No noso concello vívese o entroido con intensidade.  Os xoves de compadres e comadres, despois das clases tamén participamos nun obradoiro de compadres e comadres, na casa da cultura Olga Novo.

O sábado a maioría participou no desfile que organiza o concello, ben a través da ANPA ou de grupos de disfraces dos pobos.

E despois a maioría dos vecinos concentrouse en Salcedo, done o entroido  é singular e  cada día máis popular con variedade de actividades: teatro, baile de disfraces, comida popular e saen personaxes singulares como As madamas e os danzantes,  as coplas do cantar de cegos ou un gran protagonista, o oso.  De todo esto veu a falarnos Marisa a mamá de Lola,e ademáis fixo posible un recreo moi especial pois  o oso  sorprendeunos  a todxs coa súa chegada anticipada ao cole. Lola disfrazouse de oso e Senén e Antón de criados. Así que se encargaron de ir capturando a todo o mundo e levarllos ao oso, para que  tinguira a todxs coa zinza e auga que levaba nun valde: nexos e Mestres e mestras. Despois Marisa deunos unha charla deste entroido tan peculiar. Contounos moita información e respostou a moitas preguntas que lle fixemos. Todxs queríamos saber. Moitas grazas Marisa, por contarnos tanto das nosas tradicións, da nosa cultura, por axudarnos a coñecer o noso patrimonio. Mirade as imaxes da charla e da visita do oso premendo aquí. 

Para rematar Marisa tamén acudiu a radio Guímaro a unha entrevista cos nenxs de 5º e 6º para falar do entroido de Salcedo. Así que se queredes coñecer máis deste peculiar entroido só tedes que escoitar o  programa.

O ENTROIDO EN SALCEDO

ACTIVIDADES EN TORNO Á NECESIDADE DE PAZ

ACTIVIDADES EN TORNO Á PAZ

Dentro dos moitos ingredientes  necesarios na vida das persoas  hai  un  fundamental, que ademáis  contaxia  todo o que rodea: A PAZ. A prol dela traballamos, e dende a biblioteca organizamos varias actividades.

O 30 de xaneiro celébrase o día mundial da Paz, coincidindo coa conmemoración da morte dun gran espiritualista e loitador pola paz no mundo, Mahatma Gandhi asesinado a tiros o 30 de xaneiro de 1948.

No colexio compartimos varias experiencias,  un tempo de reflexión, de actividade intensa a prol da paz e da igualdade, que desexamos impregne cada día máis as nosas vidas. Varias foron as actividades a prol desta gran tarefa:

O luns  27 de xaneiro, dentro das accións para traballar a igualdade que o centro levou a cabo tivemos un obradoiro de luxo na biblioteca do centro  con Anxo Fariña, ilustrador e creador de historias.

Obradoiro de igualdade con Anxo Fariña

 Levou a cabo duas sesións distribuíndonos en dous grupos: 3º, 4º, 5º e 6º por un lado, nunha sesión de 10:30 a 12 e temos que dicirvos que pasamos o recreo enteiriño con él sen acordarnos da hora do recreo.A outra sesión foi cos nenxs de infantil, 1º e 2º a partires das 12:15horas. Este grupo baixou tarde ao comedor, sen importarlles nada porque tamén  estaban a pasalo xenial e moi entretidos.

 Anxo presentounos libros seus, e falounos algo deles, o xusto para deixar intriga e gañas de lelos, por certo algún como os da colección dos Megatoxos xa os coñeciamos porque os temos na bibilioteca. Agasallounos con algún deles que nos deixou adicados. Así soubemos que tamén escribiu para os máis pequenos”O pintor de flores” e do seu último que imos a ler no Club de lectura: “Os ecos do lume” ten moito que ver con outra manifestación de violencia, os incendios forestais que destrúen a natureza con consecuencias moi negativas nas nosas vidas.

Tamén coñecemos a faceta de Anxo como ilustrador e mostrounos  técnicas asombrosas pola súa sinxeleza para debuxar….Pouco a pouco, poñéndonos exemplos él  foi enchendo as cartolinas que acaban sendo auténticos cadros; e nós creamos unha historia sobre unha plantilla que nos deu con debuxos, pero a que lle engadimos novos personaxes poñendo en práctica ás técnicas  que anxo nos ensinaba. Creamos  cada un a súa historia cun título común: “A cidade violeta”. Como podedes imaxinar os roles e oficios desta historia están relacionados cos soños e aptitudes das persoas, nada teñen que ver co xénero.

Creamos o recuncho de contos relacionados coa temática da Paz. E démoslle protagonismo á poesía e ao libro  “Bicos e non balas” de Antonio García Teijeiro e a catro contos seleccionados polos biblioaxudantes para contar de dous en dous.

Por un lado, cada curso fixo a súa selección de poemas, de “Bicos e non balas”. Por certo, descubrimos poemas tan fermosos, que decidimos  difundilos a través da radio escolar. Así que cada curso grabou o seu programa de radio.

A hora de ler desa semana foi distinta. Cada día recitou un curso os seus poemas de “bicos e non balas” e cada dous biblioaxudantes contaron o seu conto.

O martes recitounos infantil, o poema “ There´s only one place I know”, “Eu sei dun lugar…... Despois Senén e José Ramón contáronnos o conto: Es ti o meu amigo?

O mércores recitou primeiro e segundo  poemas curtiños. Despois Aelfie e Manu contáronnos o conto: “Ate as princesas botan peidos”.

Sesión de actividades sobre a Paz no centro de Día

Despois 5º e 6º acudiron ao centro de día para disfrutar dunha sesión de Club de lectura cos usuarios deste centro.  Nós lemoslles os dous poemas cos que traballaramos: O de Antonio García Teijeiro e como nos inspirou para crear o noso proppio, que tamén lles lemos e que por certo, lles gustou moito.

Pero moitos deles tamén saben de guerra e sufrimento porque viviron de preto a guerra civil e as súas consecuencias, así que eles tamén tiñan moito que compartir.

 Contáronnos a historia de Repil, un lugar preto de aquí, donde a garda civil dirixida polas autoridades matou a  4 persoas.  A casa donde se atopaban  estaba  preto da vía do tren. Pois ben,  viña o tren cargado de gardas por orde das autoridades parou alí, á carón da casa, para baixarse os gardas que prenderon lume para obrigarlles a saír e poder dispararlles.

Unha nena de catro anos, daquelas, foi  testemuña de cómo chegaron á súa casa, e na cociña, onde se atopaban todos prenderon ao seu pai e o levaron para matalo.

Outro usuario foi testemuña, estando no campo, coas súas obellas, de cómo asasinaron a tiros a dúas persoas, que deixaron alí tiradas, e que máis tarde viñeron a buscar nun carro.

O único delito que cometeran todas estas persoas era o de ser dunha ideoloxia política distinta.

Foi unha sesión na que compartimos moitas emocións: a tristeza, a angustia, o horror que producen as guerras, e a necesidade de ter todxs moi presente que debemos traballar para que non volva a pasar; e alí, naqueles países donde hai guerra, ten que rematar xa.

O xoves tocoulles recitar a terceiro e cuarto, un extraordinario recital. Despois Amanda e Marcos contáronnos o conto: “Había unha vez un neno”.

Sesión de contacontos da Igualdade

Despois tivemos  no centro  unha sesión de contacontos da igualdade con Patricia Martínez. Unha extraordinaria contacontos que nos enganchou a todxs. Contounos tres contos nos que acabamos participando todxs. Esta actividade estivo financiada por Servizos Sociais do concello.

Despois de comer plasmamos as nosas mans, pintadas de cores nunha  pomba debuxada en papel quedando decorada de mans de cores…

O venres o recital de poemas  estivo a cargo de 5º e 6º. Cada un recitou dous poemas: o   seleccionado de “bicos e non balas” e o creado por nós na semana anterior no obradoiro de linguas que estamos a desenvolver este curso, cada tarde dos luns.Seleccionamos un verso ou dous como máximo do  poema que eliximos para recitar e a partir dese creamos o noso propio poema.  A fonte de inspiración non podía ser mellor e por iso xurdiron poemas tan fermosos. Así compuxemos o noso libriño de poemas.

Nas sesións de plástica tamén traballamos coa Paz da man dos profes de plástica, Paula e Óscar e así compuxemos un crebacabeza, coas nosas mensaxes e co que creamos un mural cos traballos de todxs. Por outra banda estamos a traballar co uso dos plásticos. Así que reutilizamos platos de plástico cos que creamos unha pomba que colocamos na parede da entrada do centro.

Canción da Paz: nas sesión de música desa semana traballamos cunha canción que creou e musicou Pablo, o profe de música, para cantar o venres  e pechar así unha semana  de actividades que fomenten a sensibilización e  implicación na necesidade de Paz. Só pechamos a semana porque as actividades  abren a porta cara unha ponte: traballar buscando o único e verdadeiro camiño  na vida: o da PAZ.

FESTIVAL DE NADAL

FESTIVAL DE NADAL. 2019

nadal

O venres, 20 de decembro pechamos o primeiro trimestre, abrindo a porta ás vacacións co noso tradicional festival de Nadal. Este é o froito do traballo dun gran equipo, os profes e alumnado do cole no que participamos todxs. Botamos de menos a Fabian, que unha  imprevista indisposición o fai estar nestes intres no hospital. Pero Fabian estivo moi presente nos nosos corazóns, e por iso lle desexamos unha pronta recuperación e lle adicamos o festival.

O comedor, que fai de  salón de actos, énchese de  familias, amigos e entre eles uns moi especiais, os usuarios do centro de día que sempre nos acompañan nestes eventos.

Vivimos pois unha mañá entrañable, na que fomos os protagonistas indiscutibles rodeados polas persoas que nos queren e que nos aplaudiron un montón.

Comezamos o Festival co alumnado  de 3º, 4º, 5º e 6º que dirixidos por Paula, a profe de Educación física, fixemos unha estupenda actuación de acrosport.

Despois chegaron os mais pequenos só en estatura, o alumnado de infantil, dirixido polo seu profe Oscar, fixeron un baile co que nos espertaron aos espectadores as gañas de bailar.

A continuación o alumnado de 1º e 2º dirixidos por Paco e Dori representaron unha peza de teatro coa que nos enviaban mensaxes como a necesidade de Paz e de coidar o noso planeta. Titulábase “Nadal no Ceo” de María López e foi adaptada para eles.  Remataron bailando e cantando a panxoliña “Nadal Twist”.

E despois actuaron os nenos e nenas de terceiro e cuarto, cunha obra chea de humor, e tamén con algo de mensaxe acerca do compromiso e o bo traballo dos servizos. Esta obra escribiuna, Pablo, o titor de 3º e 4º, pensando ademáis nos papeis para o seu  alumnado. Tilúlase “A oficina de emprego” e remataron cun rap moi reivindicativo.

Entregamos dúas cestas de Nadal que fixemos coa aportación dos proveedores do comedor escolar. O alumnado vendeu  as rifas. O sorteo celebrouse no comedor escolar o xoves 19. A recadación será para axudar a financiar a excursión de fin de curso. Sacaron os números dous nenos de 3 anos: Martiño e Carlota saíndo premiadas os números

A continuación actuou o alumnado de 5º e 6º, que dirixidos por Paula a súa titora, e Dori, a profe de galego, puxeron en escea unha peza de teatro que nos achegou a unha faena tradicional: a matanza, que  pon en relieve a colaboración entre os veciños e o espíritu acolledor .  A obra titulase: “Deixade escoitar o parte”.

Remataron cun baile: “Santa Claus is coming to town”

Continuamos o festival coñecendo os gañadores  do XXIX Certame de Contos de Nadal.  Os creadores das mellores historias do 2019 foron:

En segundo: Arianna.

En terceiro: Antón

En cuarto: Candela

En quinto: Dani

6º Houbo en empate: Amanda e Aelfie.

Durante o festival  agradecemos a todos a colaboración e moi especialmente a Conselleria: á Sra Xefa  Territoral, á Unidade Técnica e á inspección o seu compromiso cos colexios rurais, especialmente co noso. Coas reformas que se continuaron  facendo este curso  estreamos: a aula de informática, unha biblioteca nova e a aula de infantil…Pouco a pouco o colexio foise transformando. A día de hoxe, queda un pequeno empurrón para que queden prácticamente novas todas as instalacións do centro.

Pechamos o festival cun canto de reis, no que cantamos todo o alumnado do cole, ensaidado e dirixido polo profe de música, Pablo. Titúlase “A noitiña de Nadale”.

Ao final tivemos unha sorpresa, pois os profes entregáronnos un calendario de mesa cunha imaxe de nadal do mural da  entrada, creado entre todxs. Un poboado, no que estamos todxs asomados ás ventas das casas.

Rematamos o festival coa nosa mensaxe de Nadal:

 Que o nadal chegue a todos os fogares.

Que nos acompañe a saúde e a ilusión.

Que  no 2020  medre o compromiso de traballar para que o noso mundo mellore.

DECEMBRO, REFLEXION SOBRE OS DEREITOS DAS PERSOAS

 DECEMBRO O MES DOS DEREITOS

cuerdas

Dadas as conmemoracións de decembro: Día da da Infancia, Día da discapacidade, Día dos dereitos humanos, a biblioteca organizou o recuncho das lecturas deste mes entorno a estas temáticas.

 

O Club de lectura de 5º e 6º leu “O neno Can”, de Fina Casalderrey  para reflexionar sobre estas impresionantes historias nas que nenxs sofren situacións vexatorias e inxustas nas que non se respetan os seus dereitos. Se ben sabemos que son historias creadas, tamén sabemos que en moitos lugares do mundo están a  ocurrir na realidade: por situacións de conflictos bélicos, culturas e crenzas, pobreza…. E tamén sabemos que sempre podemos facer algo, comezando por ser solidarios, respetuosos, e considerados cos nosos veciñxs máis próximxs.

 

O alumnado de infantil.  primeiro e segundo traballaron co conto “Os nosos dereitos” de Maria Joao Carvalho, e “Unos padres para Aruma” Lourdes Alsins. Terceiro e cuarto leron “Dende o cole” de Alberto Urcarey.

 

Reflexionamos pois sobre a necesidade de educar e sensibilizar  para  acadar unha sociedade na que se respeten os dereitos dxs nenxs,

das persoas e tamén na que se facilite o acceso e a inclusión a calquer persoa que presente unha discapacidade. Todxs temos puntos máis fortes, e outros mais débiles, todxs somos importantes e únicos Aprendemos convivindo, porque a diversidade enriquece.

 

Na segunda semana de decembro, paralelamente á preparación do festival de Nadal traballamos cos libros do recuncho  con esta temática.

 

Tamén vimos algunha curtametraxe para despois reflexionar todxs xuntos: o mércores vimos “cuerdas”. O xoves vimos La historia de los derechos humanos, “ Dani y los derechos de los niños y las niñas”  O venres, “Las mujeres y la declaración Universal de los derechos humanos.

 

Porque temos que acadar a convivencia na terra basada na igualdade, na tolerancia, no respeto, na colaboración, a  solidariedade…

 

 Nas nosas mans está que o mundo sexa máis xusto, que medre sostiblemente, sen complexos.

 

SEMANA ESCOLAR DO CAMIÑO DE SANTIAGO

A ECOPANDA E O MISTERIO DO ROMÁNICO

ECOPANDA

 

SEMANA ESCOLAR DO CAMIÑO DE SANTIAGO.

XACOBEO 2021

Participamos nunha iniciativa proposta pola xunta, Xacobeo 2021, na que a través da lectura do Conto “ A ecopanda e o misterio do románico” achegamos ao alumnado a un coñecemento máis profundo da  ruta francesa do camiño de Santiago

Recibimos os contos no mes de novembro, Un para cada alumno e a proposta de traballar con él a última semana de novembro.

Na semana do 25 ao 28 de novembro realizamos a lectura de forma colectiva nas horas de ler. Reflexionamos sobre a historia e fomos máis aló  realizando traballos de investigación na hora de Plan lector e de sociais acerca do Xacobeo e a ruta francesa.

Fixemos un mural no que plasmamos a ruta francesa, algunhas paradas importantes, que aparecen no conto, investigando sobre documentos como o significado do xacobeo, “o  Códice calixtino”, as frechas amárelas, pezas valiosas como a “Arqueta de Leyre”, “o capitel dos cisnes”,  “A Estatua de San Martiño de Tours” ou monumentos como a Catedral de León,  a de Burgos  ou  a de Santiago.

En papel continuo trazamos a ruta do camiño francés. Despois fomos fiando a historia dos investigadores da ecopanda, e plasmando as nosas investigacións. Tamén investigamos un pouco sobre unha variante, o camiño de inverno por unha gran parte da Ribeira Sacra que ademáis pasa polo noso concello.

Deixamos ademáis enlace ás páxinas polas que andivemos a indagar, e das que sacamos información a través do códigos QR.

mural

 

FINALISTAS DO XVI CONCURSO DE CONTOS SOLIDARIOS DE RNE.

Hoxe no CEIP Pobra do Brollón estamos todxs moi contentos e orgullosos porque os nenos e nena de 5º e 6º recibiron unha gran noticia. Son finalistas!

Fai unhas semanas, dende o obradoiro de linguas, propuxémoslles aos nenos e nena máis maiores participar no "XVI Concurso de Cuentos Solidarios" que organiza Radio Nacional de España en colaboración coa ONG "Un juguete, una ilusión", e non o pensaron dúas xeces. 

Xuntos crearon "El viaje de Lillo", un conto colaborativo no que participaron todos e cada un deles tendo como partida unha vivencia seleccionada por eles mesmos. Con un pouquiño dun e un pouquiño doutro crearon este fermoso conto que gravamos coa radio e que ten como telón a música do mestre Pablo. 

E foron seleccionados entre os máis de 1.200 contos enviados! Agora hai unha votación para seleccionar o conto que máis guste así que, por favor, escoitádeos, e non deixedes de votar no seguinte enlace: 

 

ENLACE A RNE

VOTACIÓN. 

 

 

Podedes escoitar o conto e votar na sección TERCEIRO CICLO, e non dubidedes en compartilo.

Jose, Dani, Manu, Marcos, Amanda, Aelfie, Senén e Fabi:

NORABOA! O traballo e o esforzo sempre obtén recompensas. Seguide traballando así!

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS.

                     

 

Con este lema, dende Bibliotecas Escolares nos animaban a celebrar o mes da ciencia dende as nosas bibliotecas, demostrando outra vez que as bibliotecas non son só un lugar para albergar libros, se non un espazo estupendo para compartir, traballar, aprender e experimentar. 

 

Dende o CEIP da Pobra pensamos que cada curso debería buscar un experimento, traballar con el e explicarllo aos seus compañeirxs. Comezamos revisando o recuncho da ciencia, buscando libros sobre experimentos, curiosidades, ciencia activa…. E entre todo o grupo decidimos que experimento facer. 

 

Cada grupo traballou na súa aula buscando os materiais, plantexando hipóteses, debatendo sobre cales serían os resultados e, por suposto, experimentando. 

 

E por fin, o 29 de Novembro, todos os grupo nos reunimos na biblioteca para compartir con todo o colexio os nosos descubrimentos. 

 

Comezaron os máis pequechos. Os nenos e nenas de infantil explicáronnos o seu experimento “CORES SOBRE LEITE”. Con axuda desta bebida, de colorantes alimenticios e moita maña os nenxs crearon preciosos cadros abstractos sobre o leite explicándonos a diferencia de densidades e a tensión superficial, para despois bórralo cun pouco de deterxente. Foi moi fermoso e sorprendente, e os máis cativos convertéronse en grandes científicos. 

 

Os nenos e nenas de 1º e 2º tamén xogaron coas cores, pero neste caso, completamente naturais co seu experimento “PIGMENTOS NATURAIS”. E tanto que naturais porque con axuda dun morteiro, alcohol e papel absorbente ensináronnos a todxs as cores que hai dentro das espinacas! Verdes, amarelos, violetas e incluso morados…. A natureza é máxica!

 

Chegou o turno dos nenos e nenas de 3º e 4º que fixeron “VARIOS EXPERIMENTOS”. Comezaron creando una lámpada de lava coa que explicaron as diferentes densidades dos líquidos e como se comportaban entre sí. Despois, agasalláronnos cunha demostración de como o aire e o seu volume se poden converter nunha ferramenta moi útil e por último, crearon una reacción química que, aínda que non saíu tal como se esperaba, serviu para ver que podemos mellorar e pensar en solución para o próximo experimento. 

 

Por último, os nenxs de 5º e 6º fixeron un experimento para estudar a flotabilidade dun elemento sobre auga doce e salgada con materiais que eles mesmos atoparon polo cole e despois sorprendéronnos coas “NUBES EMBOTELLADAS”. Nunha botella de cristal e con axuda dun inflador e un pouco alcohol demostraron como se crean as nubes no ceo polos cambios de presión. Aínda que non lles saíu á primeira foron quen de solucionalo e compartilo cos seus compañeirxs.

 

Sen dúbida, este traballo foi fantástico e permitiu que todxs aprendéramos moito e compartíramos o noso saber cos demais compañeirxs. 

 

Porque aquelo que se experimenta, non se esquece. 

 

REXEITAMOS A VIOLENCIA, ABRAZAMOS A IGUALDADE.

 

Durante o mes de novembro aparecen temas tan importantes como a eliminación dunha vez por todas da violencia…porque ise é o camiño da nada.

É tempo de intervir, de tomar a palabra e pasar a acción para que curen aquelas persoas que non saben vivir respectando os dereitos dos demáis, e moi especial o das mulleres, o dos seres indefensos que sufren a causa dos maltratadores. Non  nos equivoquemos, se facemos dano, estamos maltratando.

A biblio como sempre toma o protagonismo para ofrecernos as historias que tratan este tema, e nos fan reflexionar nas distintas situacións que causan inxustiza e fan sufrir ás persoas.

Así aparece o recuncho de contos da igualdade, e tamén aqueles que realzan a figura e o valor das mulleres, porque para empezar son seres tan especiais que só elas teñen a capacidade de ter fillos e fillas. Si, si, maltratadores….a elas tedes que agradecerlle a vida.

Realizamos esta conmemoración conxuntamente co concello na casa da Cultura o luns 25 de novembro; pero para que esto saíse ben traballamos primeiro con historias que reflexaban distintas situacións de maltrato para logo verter as nosas propias reflexións nun acto que celebramos conxuntamente.

Asistimos ás 11:30 a un acto público na casa da cultura do concello donde contamos cunha actuación de contos da igualdade a cargo de Ana Hermida. Ana contounos dúas historia moi fermosas nas que as mulleres, a súa forza e a súa valía, facían que fosen capaces de enfrentarse a todo aquilo que se propoñían. No primeiro conto, da súa propia colleita, falounos dunha fermosa princesa á que seus pais quería casar, e cómo ela conseguiu que entendesen que as mulleres deben decidir poe elas mesmas e que non necesitan un home ao lado para conseguir aquelo que se propoñan. Ana rematou co conto "A historia do Bonobos con lentes" que fala da historia duhs monos algo presumidos e de como as femias da manada tomaron o mando e foron quenes de sair adiante. Sen dúbida, dúas historias que ademais de divertirnos, conseguiron que todos reflexionaramos acerca do papel das mulleres na sociedade. 

 

Despois chegou a actuación dos nenos e nenas do colexio, no que participaron todxs.

Os nenos e nenas Infantil leron o conto “Rosa Caramelo” e posteriormente ilustraron láminas que hoxe adornan o corredor do pasillo coas súas frases que levaron para ensinar e contarnos por parellas. "O talento non ten xénero" ou "Menos mitos, máis igualdade" foron algúns dos seus lemas.

1º e 2º traballaron co conto “Orellas de bolboreta” que contaron xenialmente entre todxs e ademáis deu lugar a un programa de radio que podedes escoitar aquí.

3º e 4º leron “Nera, a Ferreira”, unha auténtica lección de igualdade. Sobre esta historia crearon as súas frases que logo foron lendo e compartindo con todo o público. Nas súas frases falaban de profundas reflexións sobre o maltrato e o papel da muller na actualidade. 

5º e 6º leron no club de lectura: “A lagoa das nenas mudas”. Contaron esta historia abordando cada un as distintas temáticas que van aparecendo en torno á igualdade, os dereitos dos nenos e nenas, o mal trato entre compañeirxs, a inmigración, a violencia de xénero….sobre cada tema crearon o seu propio manifesto.

Unha xornada de reflexión sobre un tema vital. A educación, a escola  ten que servir para aprender a ser correctos, para aprender a convivir no respecto, axudar en lugar de causar sufrimento, en especial ás persoas que temos preto de nós. Debería ser a nosa prioridade, para construír o proxecto de vida de cada un sobre unha base sólida e firme á que chegan os demáis coñecementos.

Podedes disfrutar das imaxes deste fermoso día premendo aquí. 

 

O mellor uso das mans e  das palabras: as que arrancan sorrisos, dozura. Seguro que tamén esa é a clave para sentirte ti mellor.

MICOLOXÍA E CIENCIA CON SILVIA.

O venres 15 de novembro, vivimos na biblioteca unha xornada chea de información  acerca da micoloxia da man de Silvia, a nai de Dani, á que lle agradecemos moito que compartira con nós os seus coñecementos. Así contamos unha vez máis coa colaboración e implicación  das familias nas actividades da biblioteca.

Silvia é toda unha experta en micoloxia e achegounos  xenialmente a este mundo tan curioso e xeneroso como son os cogumelos que so precisan  a natureza, auga e calor para saír da terra e adornar o campo ou ofrecernos sabores exquisitos no caso das comestibles.

Silvia, chegou cargada de cogumelos cos que montou unha pequena exposición nun recuncho da biblioteca  para que os puidesemos observar e analizar seguindo as súas explicacións e dende logo respostarnos ás múltiples preguntas que lle fixemos todxs: profes e nenxs de intantil a 6º de primaria.  Ademáis contaba cunha presentación  a través da que nos deu a coñecer o mundo dos cogumelos: as distintas familias e as súas características.

Para saír ao campo a recollelas o primeiro prepararse: botas e chubasqueiro e despois a cesta para que non se estropeen e unha navalla para cortalas, e non  estragar o micelio que quedará na terra e deste xeito volverán a saír no vindeiro outono.

Na nosa zona é moi común a lepiota, o champiñón, o níscalo ou  robellón, pero  temos que saber que hai setas moi similares, iguais a simple vista,  e que, ollo! non son iguais. A maneira de coñecelas é cortalas e observar a cor: a lepiota e o champiñón comestibles son brancos, as belenosas collen unha cor rosada nos cortes. O níscalo comestible ao cortalo sempre ten un líquido laranxa, o belenoso verte líquido branco. Tamén soubemos doutras propiedades curativas como a orixinal peido de lobo, que ao abrilo bota fume e ten propiedades cicatrizantes, así que é boa para as feridas.

Esta xornada sempre vai acompañada dunha saída ao campo, no que recollemos cogumelos e froitos do outono como landras, castañas… para montar a nosa exposición. Este curso non puidemos facer a saída debido ao mal tempo e ante as previsións de continuidade de choivas toda a vindeira semana,  fixemos as xornada, sen a saída, pero tivemos cogumelos igual da man de Silvia.

Así achegámonos á ciencia da micoloxia: un fermoso agasallo que nos ofrece a natureza cada outono.  Por iso é importantísimo non estragar os nosos bosques que sen pedir nada nos dan osíxeno limpo para respirar, e fermosos agasallos como os cogumelos cada outono.

 

Moitas grazas Silvia por compartir con nós o teu saber, por crear unha mañá chea de curiosidades e respostas, por axudarnos a saber máis da micoloxia.

Disfrutade das imaxes premendo aquí.

CELEBRANDO O SAMAÍN.

 

Na semana do 28 ao 30 de outubro traballamos en torno ao Samaín e Hallowen entroncando as materias de galego, inglés e plástica e os equipos docentes de galego, Extraescolares, equipo de biblioteca, así como os proxectos do centro: Voz Natura, e biblioteca, dende a que se organizan as actividades que relacionan departamentos e proxectos que involucran a toda a comunidade educativa.

As familias contan

Xa senta tradición que por estas datas as familias acudan ao centro a contar un conto de medo durante esa semana na hora de ler. Unha actividade que ilusiona a todxs, ás familias que colaboran activamente na vida escolar dos seus fillxs, ao alumnado que escoita encantado os seus contos, ao profesorado que sente formar parte dun proxecto común de todxs.

O luns acudiu Marisa, que lles contou o conto: “O monte das ánimas”.

O martes acudiron  María e Silvia que lles contaron: María “El monstruo de los abrazos” e Silvia “O Carabuñas”.

O mércores asistiron Sandra e Martín. Sandra relatoulles "Un conto da Santa Compaña” e Martín leulles unha anécdota de lobos recuperada da Asociación Cultural Samoeiro do Ano 1.996 vivida por Ramón de Goimilo e contada por él mesmo.

Samaín e Hallowen

Xa pola tarde do mércores conmemoramos o Samaín.

O alumnado de 5º e 6º achegándonos a tradición de hallowen disfrázanse e visitan o resto das clases, asustandos un chisco. Logo reparten caramelos para paliar o disgusto dos máis pequenos.

Despois baixamos todxs ao comedor, onde temos a exposición de cabazas, e o alumnado pode contar algún conto de medo, recollido da zona. Neste caso contounos Senén un conto que lle contou o seu avó .

Ademáis, puidemos degustar un menú do máis aterrador que preparou a nosa cociñeira xunto co encargado Oscar. Consistiu nunha crema de cabaza, dedos de neno con pan engrangrentado (perriño quente) e xeado terrorífico. Estaba todo riquísimo.

Concurso de cabazas decoradas con plásticos reciclables

As familias tamén colaboraron no traballo que se lles propuxo ao alumnado tamén como cada curso: a elaboración dunha cabaza decorada con material de refugallo. Este curso a norma era clara: materias de plástico reciclable, pois este foi o noso punto de partida para comezar a traballar co proxecto de Voz Natura sobre a reciclaxe dos plásticos e tamén co proxecto de traballo do centro: Ecoguímaros I. O  alumnado realizou este traballo na casa coa axuda das familias acadando uns traballos extraordinarios de gran creatividade como podedes comprobar nas imaxes.

Os premios foron colectivos para cada aula e coa finalidade de reponer o recuncho dos xogos para cando a climatoloxia é adversa e non saen  para fóra.

Infantil: Diploma e premio ás cabazas máis monstruitas. Un kit de area kinética

1º e 2º: Diploma e premio para as cabazas máis  horripilantes. Xogo vaia lio

3º e 4º: Diploma e premio para as cabazas máis  estrambóticas. Xogo o escravel.

5º e 6º: Diploma e premio para as cabazas máis ecolóxicas. Diploma e premio. Dous xogos de xadrez.

A creatividade plástica tamén se pon en xogo polo Samaín dende o centro, pois alumnado realizou unhas postas de sol co seu Castelo ambientadas na noite e no samaín coas que decoramos a parede da entrada na escaleira de acceso ás aulas.

Por outra banda, dende o obradoiro de linguas estamos a traballar coa biografía, o que aproveitamos moi ben. Polo día das escritoras, aproveitamos para coñecer a biografía de mulleres escritoras: Elena Villar Janeiro, Fina Casalderrey, Gloria Fuertes….

Aproveitando esta conmemoración tamén creamos o recuncho de contos e lendas de medo que o alumnado leu durante este mes. O alumnado de 5º e 6º selecionou un autor ou autora deste recuncho para crear a súa biografía coas que faremos un mural a fin de que todxs coñezan algúns escritores que escribiron para eles contos de medo.

Samaín e Hallowen…chegaron, celebrámolo, e preparámonos para  a micoloxia e o magosto que petan á porta.

Distribuir contido