Iniciar sesión: Acceso

Guimariñoleo, Biblioteca escolar, Dinamización, Traballo por proxectos, Radio escolar, Escornabots

DÍA DAS ESCRITORAS

DÍA DAS ESCRITORAS CON OLGA NOVO

Este curso, unha vez que parece volver todo á certa normalidade, decidimos reavivar o colectivo Lemos Le e celebrar o día das escritoras cunha actividade conxunta das biblios municipais e do cole da zona.

Dado que cada ano se viña traballando cunha muller , rotando os concellos que forman o colectivo, volve o turno para a Pobra do Brollón.

Acordamos traballar cos textos de Olga Novo de “O bosque dos cromosomas” publicados na revista luzes. Seleccionamos “O pequeon Petrucio e a naiciña nai” adicado a historia dos seus irmáns pola proximidade á infancia, xuventude… co noso alumnado inda que nunha etapa ben distinta.

Cada cole e biblio municipal seleccionou un texto, para traballar con él, e que despois exporemos nun traballo conxunto no blogue do colectivo.

Na Pobra do Brollón realizamos este traballo conxuntamente  coa biblioteca municipal.  Seleccionamos o texto no que fala da escola na infancia dos seus irmáns: as escolas unitarias, o comezo do grupo escolar… . O  fragmento lérono usuarios da biblioteca municipal, concelleiros e nenos de 6º  Ademais dunhas palabras de presentación do alcalde.

Aquí temos o texto que leron xs nenxs de 6º.

 Xs nenxs de 5º e 6º levaron anaquiños de fragmento para ler en familia e voltar co texto á infancia dos pais, dos avós… Tratábase de viaxar ao pasado e mirar aqueles recordos máis entrañables ou que permanecen con mais intensidade. Así os nosos nenos e nenas fixeron o seu traballo documentado empregando como fontes de información, ademais do texto de Olga Novo, a información das familias, que coñeceron ademais, de camiño, a Olga Novo.  Descubriron os grandes cambios dende non hai tanto tempo, o sacrificio e esforzo dos nosos maiores dende nenxs para vivir hoxe todxs con mais calidade…

E os nosos maiores, recibiron un fermoso agasallo, as palabras de Olga, que contan maxistralmente, de forma case poética, a pesar do texto en prosa  poñendo en valor o seu traballo, a súa valía…

Non quixemos deixar aos máis pequenos sen coñecer a Olga a través da lectura; así que prepararon dende infantil a 4º un poema que hai uns anos Olga Novo escribiu para os nenxs da Pobra.  “A Canción dos nenxs Guímaros”.

Dende a materia de plástica faremos un mural con todos os traballos para a biblioteca.

Seguiremos lendo, traballando con referentes tan valiosos no noso concello como Olga Novo que nos ensina a descubrir e a valorar a nosa verdadeira historia dende a  realidade do día a día das familias  que con poucos recursos loitaron por saír adiante e melloralos. As súas ferramentas as mans e sobre todo o esforzo, a unión e o amor.

Moitas  grazas Olga!!

 

 

 

 

 

 

 

OBRADOIRO PREMIO VOLUNTARIADO DE LECTURA A

OBRADOIRO COMO CREAR BOOKTRAILERS NA AULA

 O martes, 8 de xuño vivimos unha mañá extraordinaria, cargada de emocións e sobre todo de aprendizaxes divertidas!!

 Estamos moi contentxs e orgullosos co premio  de voluntariado de lectura A. As profes contárononos que iamos ter un obradoiro  como agasallo e  que eliximos entre todxs.

 Encantounos a todxs a idea de crear booktrailers….así que nos decidimos por ese e demos pleno! Pois a mañá non puido resultar mais emocionante e entretida.

 A primeira hora xa, chegou Roi, a persoa encargada de impartir o obradoiro.

 Explicounos como se crea un booktrailer e deseguida soubemos que iamos seguir lendo e escribindo…pero para empezar fixémolo en equipo!!!  Mantivemos distancia pero en equipo!!

Cada equipo elixiu un conto que nos gustou para recomentar….

 Fixemos un pequeno resumo ou guión….sen contalo todo, nin o final e creando intriga, ata lemos anaquiños do conto…e explicamos por qué o recomendamos….

 Despois pensamos como presentar o noso traballo para gravalo… que imaxes iamos por, técnicas, audios, pequenas gravacións de vídeo, donde….. resultou  un auténtico traballo en equipo moi emocionante.

Un equipo elixiu Fina, a pirata, gravou nunha aula, caracterizaron a Fina, redactaron as recomendacións e gravaron.

Outro Equipo elixiu  “Fronteiras de papel” combinaron imaxes, lectura de anaquiños do conto, gravacións de vídeo no patio e recomendacións claro!!

O terceiro equipo elixiu Matilda, resumiron un chisquiño, acompañárono das súasopinións e gravaron nunha aula.

O 4º equipo elixiu “A manchas ou a raias? Gravou na biblioteca e usou chroma que tamén aprendemos a usalo con Roi!!.

Pasamos por intentalo varias veces, pornos de acordo para diseñar o noso traballo, organizalo e gravar…. Coa axuda de Roi que nos ía visitando  e dando ideas….

Así andivemos traballando en equipo polo cole aproximadamente unha hora e media…ata que nos volvemos xuntar na aula para organizar os nosos traballos e editar as gravacións!!!

Por último gardamos os noso traballos, subímolos ao Drive do cole e dende alí compartímolos todos. Encantáronnos!!! E como podedes ver pasámolo xenial!!!

Rematamos   cunha sorpresa máis, pois recibimos as mochilas de bibliotecas escolares e un diploma cada un.

 Moitas Grazas  Roi por esta mañá tan enriquecedora e divertida!!  E moitas grazas a Asesoria de Bibliotecas Escolares, por facernos tan felices con este premio  aprendendo, compartindo… por un traballo na biblioteca que nos encantou facer.

IMAXES DESTE FERMOSO DIA

Faremos a nosa mochila con libros da biblio para o verán…!

OS NOSOS BOOKTRAILERS

A manchas ou a raias?

Fronteiras de papel

Fina, a pirata

Matilda

 

FORMACION RADIO NA BIBLIO

FORMACION RADIO NA BIBLIO CON LUIS LOSADA DE REDE ESPORA

 O pasado xoves, 28 de maio de novo unha actividade emocionante!

Visitounos Luis Losada de Rede Espora e con él completamos a formación de radio na biblio deste curso. Emocionante coma sempre! E sobre todo, descubrimos máis do fascinante mundo da radio… o curso remata e nós cada día familiarizámonos mais coa nosa querida Radio Guímara!!

Fíxonos un pequeno resumo das vantaxas da radio, das ferramentas necesarias para facer un programa e de como usalas e...  para ir á radio hai que ter que contar!! pero nós iso sempre!

Este xoves, concretamente, tiñamos moito que contar!! Pois o día anterior por fín! Puidemos facer unha pequena ruta polo camiño de inverno, que por certo, tamén acollemos con moitas ganas e ilusión….

Así que nos distribuimos en tres equipos rápidamente: reportaxe co resumo da saída,  e dous que contamos lendas que nos contaron no percorrido.

Luis ensinounos unha páxina, que alberga lendas, Galicia encantada…e tamén nos falou dalgunhas características das lendas.

Baixamos a biblio, e cada equipo preparou o seu traballo e de novo normas para contar ben na radio...e facer un bo programa!

Chegou a hora da verdade coma sempre! Agora contámolo na radio…así que coa súa supervisión e axuda fomos quen de grabar, gardar e editar os nosos programas desta mañá.

Grazas Luis, por achegarnos un día distinto, emocionante….no que, disfrutamos un montón e ademais aprendemos a ser mais autónomos coa radio!.

Pasámolo xenial. Aqui un resumo en imaxes

Se queredes coñecer lendas e que ben o pasamos facendo un tramo do camiño de inverno, escoitade os nosos programas.

Relato da Excursión e actividades

Lenda de San Lourenzo

Lenda das mouras

 

LETRAS GALEGAS E XELA ARIAS

 Xela Arias

MES DE MAIO, COÑECEMOS A XELA ARIAS.

No mes de maio traballamos acerca da figura das Letras Galegas que este ano está adicado a Xela Arias.

Na entrada creamos o recuncho cos materiais cos que conta o centro para coñecer mellor a unha muller que pasou de ser descoñecida a  brilar con intensidade; a súa vida é un espello para os galegos: comprometida coa xustiza, coa liberdade das persoas, co medio ambiente…cun mundo sano; no que podemos soñar; ser libres; medrar convivindo con respeto entre nós e para este gran fogar que nos alberga.

Recuncho Xela Arias

 Nesta páxina web tamén colgamos recursos en liña a fin de facilitar materiais ao profesorado, familias  e enlaces a actividades interactivas para o alumnado.

 Así fomos introducindo no currículo, a través de obradoiros a figura de Xela Arias para despois crear cada grupo os seus traballos e compartilos.

Dende o centro convocouse como cada curso o Certame de Contos das Letras Galegas que este ano é o número XXX.

A semana do 19 ao 21 de maio,  organizamos a semana das Letras Galegas, sen o tradicional festival de todxs os cursos.

 O mércores 19: Coñecemos a Xela Arias.

Recurrimos aos materiais sinalados anteriormente. Divulgamos, na hora de ler, o programa de radio que o alumnado de 5º e 6º realizou sobre Xela Arias para o concurso de podcast. Este programa tamén o compartimos co Centro de día e o concello que a responsable da páxina web enriqueceu aportando imaxes, e que resultou máis motivador polo tanto para o alumnado.

Especial radio Guimaro e Xela Arias cos nenxs de 5º e 6º

 Xoves, 20: Obradoiros. Cada curso creou os seus traballos acerca da figura de Xela Arias.

 Venres 21:Tiñamos programda a realización dun tramo do camiño de inverno, dende a localidade de Pobra donde o concello colcará as dúas placas con códigos QR que realizou o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º acerca do camiño de inverno, para seguir ata a localidade de Cereixa, donde comeríamos ao aire libre.  Fariamos un pequeno recital compartindo os traballos realizados nas aulas por cada grupo  así como a entrega de premios do XXX Certame de contos Letras Galegas. Esta actividade foi suspendida por mor da climatoloxia ata que o tempo os permita facer este tramo de camiño.

 Así que compartimos os nosos traballos nas aulas, tendo moi presente non perder esta saída pola localidade á que o noso alumnado se acolleu con gran ilusión.

 O alumnado de infantil traballou sobre Xela Arias. e esta é a súa creación.

O alumando de primeiro e segundo traballou unha unidade didáctica do Seminario Galán do seu nivel.

Despois crearon na aula o seu acróstico colectivo que copiaron, memorizaron e recitaron.

O alumnado de 3º e 4º traballou con materiais de Seminario Galán, e con varias composicións musicais sobre Xela, unha delas a de a Banda da Loba. Despois de coñecer a Xela Arias compuxeron un rap sobre a súa vida e obra.

 Rap Xela Arias 3º e 4º

O alumando de 5º e 6º despois de realizar actividades das páxinas da RAGA, A primavera das Letras e do Seminario Galán, realizou un obradoiro de poesía e traballaron co caligrama.

                                                                                                  

Tamén fixeron a súa aportación como biblioaxudantes. Na hora de ler lemos "Darío a diario". Un libro de poemas que Xela adicou ao seu fillo. Descubrimos así unha gran muller, o amor dunha nai que ansía liberdade, integridade, personalidade para o seu fillo... para que sexa o auténtico protagonista e constructor da súa vida, nun mundo sen barreiras...                                        

Grazas ás Letras Galegas coñecemos cada ano a un grande que se comprometeu polo medrar da nosa lingua, da nosa cultura, historia...por florecer o encanto de Galicia. Non podemos pois esquecer tanta semente, tanto esforzo...nas nosas mans está agora agradecer o seu traballo e facer que medre no futuro.

PREMIO VOLUNTARIADO DE LECTURA

ESTAMOS CONTENTXS, FESTA NA BIBLIO!!!

Hoxe é un día fermoso para o CEIP da Pobra do Brollón!

O noso cole foi selecionado dentro das 10 memorias premiadas de voluntariado de lectura. Os nosxs biblioaxudantes están de festa! Un premio ao traballo que levan realizado ao longo do curso, colaborando na organización da biblioteca, na dinamización contando contos, lendo...e sobre todo coidando dela con moito cariño e valorando os recursos que nela se atopan!!

Un recoñecemento ao traballo e esforzo que nos produce unha enorme satisfacción e gratitude nun curso duro, con medos, incertidumes, protocolos, normas estrictas...pero por encima de todo a ilusión e o esforzo de todxs para que a biblio estivese activa e dese xeito poder disfrutala, investigar, ler, soñar, compartir coñecementos, enriquecernos...

Moitas grazas á Asesoría de Bibliotecas Escolares!!!

 Enlacé á resolución da convocatoria Biblios solidarias

 

 

PARTICIPACIÓN III CONCURSO DE PODCAST XELA ARIAS

PARTICIPAMOS NO III CONCURSO DE PODCASTS: XELA ARIAS

Os nenos e nenas de quinto e sexto, participaron no III concurso de podcasts que convoca cada ano entorno á figura das Letras Gaelegas a Dirección Xeral de Centros e Recursoso Humanos e a Radio Galega.  Para elo investigaron sobre a vida de Xela Arias, usando diversas fontes: a páxina web da RAGA, "A Primavera das Letras", a biografia de Yolanda Castaño sobre a autora: "Xela quixo ser ela" e o libro de poemas de Xela "Darío a diario". Despois  elaboraron unha ruta guidada pola vida de Xela Arias e intercalaron experiencias persoais próximas á escritora. Se queredes coñecer a vida de Xela Arias, escoitade o noso programa en Radio Guímaro:

RUTA POLA VIDA DE XELA ARIAS

ENTREVISTA A XOSÉ LOIS MACEDA, ALCALDE DA POBRA

ENTREVISTA XOSÉ LOIS, ALCALDE DA POBRA. O CAMIÑO DE INVERNO

 O pasado xoves,  o alumnado de quinto e sexto entrevistou a Xosé Lois Maceda,  alcalde do noso Concello en  Radio Guímaro. Trataron con él o tema do camiño de inverno, especialmente atendendo ao tramo que pasa polo concello da Pobra.

 Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto que se está a desenvolver no centro a través de Voz Natura, que este curso versa sobre o Camiño de Inverno. O noso proxecto titúlase “O Camiño Guímaro”.

Xosé Lois aportounos moita información,  que compartimos a través de Radio Guímaro e tamén dun código QR que colocaremos o vindeiro venres, facendo un tramo do camiño acompañados do técnico de cultura e turismo  Xosé Gago.

 Aparte da información  tamén nos deixou unha mensaxe clara: a importancia de aproveitar as potencialidades do concello, e esta é unha delas, temos a sorte de que pase por aquí o camiño de inverno, pois coidémolo todxs porque é patrimonio de todxs. 

Aproveitamos  para agradecer a colaboración e boa predisposición para acceder a unha entrevista cos nenos e nenas  de quinto e sexto que indudablemente se sentiron  importantes  e valorados.  O seu traballo de investigación  vai mais aló dos coñecementos  conectando coa contorna maís próxima a eles implicándose no seu coidado, coñecemento e valoración… O despertar da responsabilidade de ser un veciño, un pequeno cidadán que pode aportar moito no futuro para convivir  construíndo unha sociedade que progresa sustentablemente.

 Queredes coñecer o camiño Guímaro?

 Pos escoitade a entrevista en radio  Guímaro:

Entrevista dxs nenxs de quinto e sexto a Xosé Lois, alcalde da Pobra

 Imaxes desta actividade

 QR Code

Distribuir contido