Skip to Content

Admisión de alumnado

MATRICULA

<div class="container-wrapper-genially" style="position: relative; min-height: 400px; max-width: 100%;"><video class="loader-genially" autoplay="autoplay" loop="loop" playsinline="playsInline" muted="muted" style="position: absolute;top: 45%;left: 50%;transform: translate(-50%, -50%);width: 80px;height: 80px;margin-bottom: 10%"><source src="https://static.genial.ly/resources/loader-default.mp4" type="video/mp4" />Your browser does not support the video tag.</video><div id="65d5ddb0a1bbb6001499c1b6" class="genially-embed" style="margin: 0px auto; position: relative; height: auto; width: 100%;"></div></div><script>(function (d) { var js, id = "genially-embed-js", ref = d.getElementsByTagName("script")[0]; if (d.getElementById(id)) { return; } js = d.createElement("script"); js.id = id; js.async = true; js.src = "https://view.genial.ly/static/embed/embed.js"; ref.parentNode.insertBefore(js, ref); }(document));</script>

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

ESTADES CONVIDADOS A VISITAR O NOSO CENTRO O PRÓXIMO MARTES 27 ÁS 16:30H

(PREME NA IMAXE PARA MÁIS INFORMACIÓN SOBRE O NOSO COLE)

 

Admisión provisional alumnado curso 2023/24

25/04/2023 08:46
Europe/Madrid

Foron admitidas na listaxe provisional todas as solicitudes entregadas en prazo. O listado está exposto no taboleiro de anuncios do centro.

As solicitudes fóra de prazo serán adxudicadas por inspección educativa na adxudicación subsidiaria.

ADMISIÓN 2023/2024

 

A solicitude farase preferentemente por medios electrónicos (entrando na aplicación de admisionalumnado + rexistro), de facerse no centro, será no horario de secretaría de 13:40h a 14:25h.

É importante que, se se fai online, sigades os pasos para asinar dixitalmente e crear rexistro de entrada.

No centro hai formularios dispoñibles, tamén se deixan anexos a esta publicación para poder descargar e imprimir, no caso de querer entregalos no centro.

Nos arquivos adxuntos tamén podedes atopar o número de vacantes para cada nivel no noso centro para o vindeiro curso.

IMPORTANTE:

- Só se pode entregar unha solicitude (con ata 6 centros por orde de preferencia) no primeiro centro de interese.

- A existencia de duplicidade de solicitudes (sen ter renunciado a ningunha delas) poderá ser causa de perda de dereito á reserva de praza.

- Lexislación que regula o procedemento de admisión:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Orde do 21 de Outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 do 3 de febreiro.

 

*Para mellor visualización poñer a presentación en pantalla completa.

*Debe abrirse a publicación para visualizar os documentos adxuntos.

XORNADA PORTAS ABERTAS 2023

RESERVA DE PRAZA NO IES ARMANDO COTARELO VALLEDOR

O PRAZO É DO DÍA 16 DE XANEIRO AO 6 DE FEBREIRO

O alumnado do centro que remata estudos (6º de Educación Primaria) e queira continualos no IES Armando Cotarelo Valledor debe facer a reserva de praza entre as datas antes mencionadas.

Nesta fase de reserva de praza NON hai que achegarse ao IES a realizar ningún trámite pois é o centro o que se encarga de recoller as reservas e trasladalas. Neste proceso as direccións de ambos centros traballamos conxuntamente compartindo información.

Polo tanto deberedes presentar neste centro ou online en "admisionalumnado" (con certificado dixital/chave35) o formulario de reserva. Máis adiante e rematado o proceso de reserva, deberedes formalizar a matrícula no IES.

IMPORTANTE

Aquelas familias que queiran que os seus fillos/as cursen estudos noutro instituto distinto ao adscrito non farán a reserva de praza, e agardarán a que se abra o prazo de solicitudes de admisión (do 1 ao 20 de marzo) solicitando directamente a praza no instituto de interese.

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR

Farase preferiblemente por VÍA ELECTRÓNICA, mais tamén están a disposición as solicitudes para descargar nesta publicación e enviarase ao alumnado de 6º a través dos titores.

Para saber como cubrir a solicitude clica AQUI.

LEXISLACIÓN A TER EN CONTA

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado en centros sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación.

Orde do 21 outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión do alumnado

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA 2022 2023

Tras a publicación das listaxes definitivas nas que todo o alumnado que solicitou praza no noso centro foi admitido, abrimos o prazo de formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño.

O horario de Secretaría para entregar a documentación é de 13:45h a 14:30h (excepto o día 22/06 que será de 12:00h  a 12:30h).


FORMULARIO MATRÍCULA PARA DESCARGAR

 

PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2022/2023

 TODAS AS SOLICITUDES FORON ADMITIDAS.  A LISTAXE ESTÁ NO TABOLEIRO DO INTERIOR DO CENTRO POR PROTECCIÓN DE DATOS. A MATRÍCULA SERÁ ENTRE O 20 E 30 DE XUÑO. PARA UNHA MELLOR VISUALIZACIÓN, POÑER EN PANTALLA COMPLETA. (Abrir publicación para ver documentos adxuntos).

XORNADA PORTAS ABERTAS MATRÍCULA 2022/2023

Se queres coñecer o noso centro chama para asistir á xornada de portas abertas que faremos o vindeiro martes 22/02/2022 ás 16:00h, lembrade que o aforo é reducido para cumprir con Protocolo COVID.

En principio só poderá vir unha persoa por familia, ademais é convinte que non veñades con nenas/os para que así poidan asistir máis familias.

Só poderan asistir as persoas inscritas.

Agardámosvos!

SOLICITUDES ADMISIÓN 2021/2022


Rematado o prazo de presentación de solicitudes de matrícula para o vindeiro curso 2021/2022 informamos que, na listaxe DEFINITIVA,

TODAS AS SOLICITUDES PRESENTADAS EN PRAZO FORON ADMITIDAS.

A formalización da matrícula será do 20 ao 30 de xuño.

En caso de dúbida, poden poñerse en contacto co centro a través de correo electrónico ou por teléfono.

FORMULARIO DE MATRÍCULA PARA DESCARGAR

Distribuir contido


by Dr. Radut