Skip to Content

ADMISIÓN 2023/2024

 

A solicitude farase preferentemente por medios electrónicos (entrando na aplicación de admisionalumnado + rexistro), de facerse no centro, será no horario de secretaría de 13:40h a 14:25h.

É importante que, se se fai online, sigades os pasos para asinar dixitalmente e crear rexistro de entrada.

No centro hai formularios dispoñibles, tamén se deixan anexos a esta publicación para poder descargar e imprimir, no caso de querer entregalos no centro.

Nos arquivos adxuntos tamén podedes atopar o número de vacantes para cada nivel no noso centro para o vindeiro curso.

IMPORTANTE:

- Só se pode entregar unha solicitude (con ata 6 centros por orde de preferencia) no primeiro centro de interese.

- A existencia de duplicidade de solicitudes (sen ter renunciado a ningunha delas) poderá ser causa de perda de dereito á reserva de praza.

- Lexislación que regula o procedemento de admisión:

DECRETO 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión en centros docentes sostidos con fondos públicos.

Orde do 21 de Outubro de 2022, pola que se desenvolve o Decreto 13/2022 do 3 de febreiro.

 

*Para mellor visualización poñer a presentación en pantalla completa.

*Debe abrirse a publicación para visualizar os documentos adxuntos.

AdxuntoTamaño
SOLICITUDE ADMISION GALEGO.pdf1.38 MB
SOLICITUDE ADMISIÓN CASTELÁN.pdf1.38 MB
20230227_Listaxe vacantes.pdf424.15 KB
triptico xornada portas abertas.pdf2.84 MB
ManualDeUsuarioDasFamilias.pdf1.15 MB


story | by Dr. Radut