Skip to Content

Taboleiro de anuncios

anuncios

REUNIONS COMEZO DE CURSO

COMEZAMOS UN NOVO CURSO!

AQUÍ DEIXAMOS O HORARIO DAS REUNIÓNS COS TITORES DE CADA NIVEL.

NOVAS SOBRE A 2ª AVALIACIÓN.

2º avaliación.

Seguindo as instruccións da Inspección Educativa, a 2ª avaliación dase por pechada con data 13 de marzo.

Por este motivo, as familias poderedes acceder ás notas desta 2ª avaliación, a partires do xoves, 2 de abril de 2020, utilizando a aplicación da Consellería de Educación abalarMóbil, sen prexuizo de que, no seu momento, se entreguen en papel.

Se non utilizades aínda esta aplicación (gratuita), aquí podedes ver a guía para descargala e utilizala (ou facendo clic sobre a imaxe).

Para poder acceder á aplicación abalarMóbil é preciso que o voso número de teléfono estea rexistrado na plataforma XADE, é dicir, que sexa o mesmo número que facilitastes ao centro no momento da matrícula. Se vos aparece unha mensaxe indicando que o número non está asociado a ningún alumno ou alumna, podedes chamar ao centro ou enviar un correo electrónico é solicitar a actualización dos números de teléfono móbil.

Chamada ao centro: de luns a venres, en horario de 10:00 a 13:00 horas (na medida do posible)

Correo electrónico: ceip.pineirino@edu.xunta.es

Se, por algunha circunstancia, non podedes utilizar esta aplicación, enviade un correo electrónico ao enderezo  arriba indicado, poñendo os datos do alumno ou alumna, nome do pai, nai ou representante legal e nome do titor ou titora, quen vos fará chegar a ese mesmo mail ás notas do neno ou nena.

AS NENAS E NENOS PRESENTÁMOSVOS O NOSO COLE!

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

12 de marzo ás 11 h

Agardámosvos! 

                                    AS NENAS E NENOS PRESENTÁMOSVOS O NOSO COLE!

Programacións curso 22/23

Listado de programacións didácticas LOMCE e LOMLOE para o curso 2022/23:

 

Programacions didácticas 2022/23

CALENDARIO ELECTORAL CONSELLO ESCOLAR

        28/10/2022: 

SORTEO PÚBLICO PARA DESIGNAR OS MEMBROS DA XUNTA ELECTORAL. 

 ENVÍO DE CITACIÓNS PARA A CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL.

07/11/2022:

CONSTITUCIÓN DA XUNTA ELECTORAL.

1ª REUNIÓN.

PUBLICACIÓN DESTE CALENDARIO DE ACTUACIÓNS.

08/11/2022:

SOLICITUDE MEDIANTE ESCRITO AO CONCELLO E ANPA PARA QUE DESIGNEN AOS SEUS REPRESENTANTES NO CE.

10/11/2022:

PUBLICACIÓN DOS CENSOS ELECTORAIS.

CONVOCATORIA DA ELECCIÓN DIVERSOS SECTORES EDUCATIVOS.

COMUNICACIÓN AOS DIVERSOS SECTORES.

11/11/2022:

APERTURA DA PRESENTACIÓN DAS CANDIDATURAS DOS DISTINTOS SECTORES (PRAZO 7 DIAS)

REMISIÓN CONVOCATORIA XUNTA ELECTORAL (21 NOVEMBRO).

REMISIÓN CONVOCATORIA CLAUSTRO INFORMATIVO.

15,16/11/2022:

REUNIÓN CLAUSTRO INFORMATIVO: NORMAS DE ELECCIÓN, FIXAR DATA DE CLAUSTRO EXTRAORDINARIO ELECCIÓN SECTOR PROFESORADO (29 NOVEMBRO).

21/11/2022:

2ª REUNIÓN XUNTA ELECTORAL: RECLAMACIÓNS AO CENSO, PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS, SORTEO DE MESAS PARA NAIS/PAIS E PAS, APERTURA PRAZO DE RECLAMACIÓN Á PROCLAMACIÓN DE CANDIDATURAS DÍAS 22 E 23 NOVEMBRO.

COMUNICACIÓN ÁS FAMILIAS E PAS DAS CANDIDATURAS DO SEU SECTOR.

CITACIÓN PARA A CONSTITUCIÓN DAS MESAS ELECTORAIS.

CONVOCATORIA DE CLAUSTRO EXTRAORDINARIO 29 NOVEMBRO.

CONVOCATORIA 3ª REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL.

24/11/2022:

3ª REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL SE HAI RECLAMACIÓN E PROCLAMACIÓN DAS CANDIDATURAS.

29/11/2022:

VOTACIÓNS PARA TODOS OS SECTORES.

CLAUSTRO EXTRAORDINARIO.

ACTA E REMISIÓN DAS COPIAS DAS ACTAS Á XEFATURA TERRITORIAL (ANEXO 1)

01/12/2022:

4ª E ÚLTIMA REUNIÓN DA XUNTA ELECTORAL PARA PROCLAMAR E PUBLICAR LISTAXES DOS CANDIDATOS ELECTOS AOS DISTINTOS SECTORES.

CONVOCATORIA DE REUNIÓN PARA A CONSTITUCIÓN DO NOVO CE (12 DECEMBRO).

10/12/2022:

REUNIÓN DE CONSTITUCIÓN DO NOVO CE. DETERMINACIÓN DE COMISIÓN.

ANTES DO 16/12/2022:

REMISIÓN DO INFORME DE CONSTITUCIÓN DO CONSELLO ESCOLAR Á XEFATURA TERRITORIAL (ANEXO 2).

 

 

AVISO REDUCCIÓN XORNADA XOVES 15 SETEMBRO

Este xoves día 15, a volta ciclista á comunidade galega atravesará o Concello de Vilagarcía nun horario indefinido entre as 14 h e as 14:40 h. Debido a elo, as rúas pecharanse a partires das 13 h, polo que a xornada escolar do devandito día deberá rematar ás 12:30 h para EI e EP.

 

Xa está avisada a empresa de transporte, polo que o alumnado transportado sairá temen ás 12.30.

Este mesmo xoves NON haberá servizo de comedor, polas dificultades que tería a empresa de catering e as coidadoras para acceder ao centro no horario habitual.

Un saúdo.

O equipo directivo.

 

NOVAS MEDIDAS PROTOCOLO COVID

DEIXAMOS POR AQUÍ INFORMACIÓN E ENLACE ÁS NOVAS MEDIDAS DO PROTOCOLO DO COVID19.

DIRECTRICES USO MÁSCARAS ABRIL 2022

 

 

CALENDARIO ACTUACIÓNS CONSELLO ESCOLAR

NO DOCUMENTO ADXUNTO NESTA PUBLICACIÓN PÓDESE CONSULTAR O CALENDARIO DE ACTUACIÓNS DAS ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR DESTE CURSO 2021/2022

REUNIÓNS COMEZO DE CURSO 2021/22

Deixamos aquí un calendario de reunións que se organizarán a comezos de curso.

Pregamos asista só unha persoa por alumno/a, sen nenos/as e respectando as normas hixiénico-sanitarias:

- Uso de máscara

- Desinfección de mans

- Distancia de seguridade

Moitas grazas!

 

ORGANIZACIÓN ENTRADAS E SAÍDAS

FAMILIAS: Agardamos que o verán estivese cheo de bos momentos e aventuras! Agardámosvos o xoves 9 de setembro cos mesmos horarios de entradas e saídas escalonadas que o curso pasado, para evitar aglomeracións. Mais o primeiro día serán as titoras/es quen se achegará a buscar ao alumnado do seu curso para acompañalos/as ás aulas.

A por un curso xenial!

*Lembrade que o alumnado de 4º de Educación Infantil está en período de adaptación ata o 21 de setembro, a partir dese día terase en conta o horario establecido aqui debaixo.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut