Skip to Content

Admisión alumnado curso 2018-2019

O procedemento para a admisión de alumnos/as en centros docentes sostidos con fondos públicos regúlase polo Decreto 254/2012 do 13 de decembro e pola Orde do 12 de marzo de 2013, modificada pola Orde do 25 de xaneiro de 2017.

  • A oferta de postos escolares vacantes para o curso 2018-2019 está recollida na folla correspondente que se atopa no taboleiro do centro.
  • O prazo de presentación de solicitude de admisión será do 1 ao 20 de marzo de 2018, ambos inclusive.
  • O impreso de solicitude (Anexo II) será facilitado gratuitamente no centro e tamén está dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, na aplicación “admisionalumnado” e na páxina web da consellería competente en materia de educación.

A documentación a presentar, xunto coa solicitude é a seguinte:

  1. Copia do D.N.I dos pais/nais/titores e do alumno/a, se o ten.
  2. Fotocopia cotexada da folla de inscrición do alumno/a no libro de familia.
  3. Sé é o caso, documentación xustificativa dunha praza para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.
  4. Convenio regulador ou resolución xudicial de separación xudicial ou divorcio, se é o caso.
  • A publicación provisional das listaxes de alumnado admitido e non admitido realizarase antes do 25 de Abril de 2018.
  • A publicación das listaxes definitivas serán publicadas antes do 15 de maio do 2018.
  • O prazo para a formalización da matricula será do 20 ao 30 de xuño do 2018.


page | by Dr. Radut