Skip to Content

Admisión de alumnado. Curso 2019-2020

De conformidade coa disposición adicional primeira da Orde de 12 de marzo de 2013 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, o prazo para presentación de solicitudes de admisión será do 1 ao 20 de marzo.

Deberá presentar solicitude de admisión, segundo o modelo normalizado do Anexo II da citada Orde:

  • O alumnado que solicite posto escolar por primeira vez.

  • O alumnado matriculado nun centro docente que desexe cambiar a outro centro.

O impreso de solicitude será facilitado gratuitamente na secretaría do centro ou ben poderá ser cumprimentado e descargado a través da aplicación informática “admisionalumnado”. A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambos proxenitores, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles.

Xunto co impreso de solicitude deberá achegarse a seguinte documentación:

  • DNI da/o alumna/o, libro de familia ou outro documento acretidativo da idade.

  • No caso de alumnado con NEAE, documentación acreditativa das circunstancias que fundamentan esta petición.

  • No caso de separación ou divorcio dos proxenitores, convenio regulador ou resolución xudicial de separación ou divorcio.

  • En caso de non autorizar a verificación dos datos de identidade das persoas interesadas, documento de identidade da persoa solicitante e do resto de membros computables da unidade familiar.

 

ACLARACIÓNS:

  • O alumnado matriculado nun centro docente público ten garantida a súa permanencia nel. O cambio de curso ou etapa non requirirá un novo procedemento de admisión, agás que coincida cun cambio de centro.

  • A relación de postos escolares ofertados para o curso 2019-2020 está a disposición das persoas interesadas no taboleiro informativo, así como na páxina web do centro.

  • A solicitude do posto escolar será única e presentarase no centro no que que a/o solicitante pretende ser amitida/o en primeiro lugar, en caso de que se solicitase máis dun centro.

  • Indicar no modelo de solicitude, se se solicita o uso de servizo de comedor escolar e/ou uso do servizo de transporte escolar, no caso de ser adimitido/a.

 


CALENDARIO PROCEDEMENTO ADMISIÓN

1-20 de marzo

Solicitude de admisión

Antes do 25 de abril

Publicación da listaxe provisional de persoas admitidas e non admitidas

5 días hábiles desde a publicación

Reclamación listaxe provisional

Antes do 15 de maio

Publicación da listaxe definitiva de persoas admitidas e non admitidas

20-30 de xuño

Formalización da matrícula

 

            Manual de axuda solicitude admisión            
                           
            Modelo solicitude. Anexo II            
                           
            Relación postos escolares curso 2019-2020            
                           
            Admisión 2019-2020. Nota informativa            


page | by Dr. Radut