Skip to Content

Censos e calendario electoral para as eleccións ao Consello Escolar

 

Estimadas familias:

 

Queremos comunicarlles que, como xa se informou con anterioridade, tivo lugar o inicio do proceso para a elección de representantes no Consello Escolar. Informámoslles que xa están expostos os censos electorais dos distintos sectores (mestres/as, familias e persoal da administración e servizos) no taboleiro da entrada do noso Centro (no interior), para que poidades revisalos. Se houbera algún erro podédelo comunicar en Dirección antes do vindeiro 20 de novembro.

 

Hoxe, 12 de novembro, e ata o luns, 19 de novembro, ábrese o prazo de presentación de candidaturas aos distintos sectores. As/os nais/pais que queirades presentar a vosa candidatura ao Consello Escolar, deberedes comunicalo na Dirección do Centro no prazo mencionado (do 12 ao 19 de novembro).

 

O calendario electoral aprobado pola Xunta Electoral poderá ser consultado na páxina web do Centro.

 

13-19

Presentación de candidaturas

20

Proclamación de candidatos/as

20

Sorteo compoñentes da mesa electoral, ás 16:30 horas.

21-22

Reclamación á proclamación de candidatos/as

23

Resolución reclamacións á proclamación de candidatos/as

26

Votación dos nais/pais do alumnado e PAS, de 16:30 a 18:30 horas, na Biblioteca.

27

Votación do profesorado, ás 16:45 na Sala de Profesores/as.

28

Reclamacións ás resolucións das mesas electorais

29

Resolucións reclamacións e proclamación candidatos/as electos/as

 

Reclamacións ante a Xefatura Territorial. 15 días hábiles desde a proclamación de candidatos/as electos/as.

 

 



page | by Dr. Radut