Aberto o prazo para solicitar praza no comedor escolar para o curso 2024/2025.
Instrución 1/2024, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, do 1 de xuño, sobre o funcionamento dos comedores escolares de xestión directa no curso escolar 2024-2025.
PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
Do 24 de xuño ao 1 de xullo (ambos inclusive): de maneira presencial de luns a venres de 10 a 13h.
Pódense recoller os impresos no centro ou descargando o impreso de solicitude que figura como anexo nesta entrada.