Skip to Content

RESERVA DE PRAZA IES ISAAC DÍAZ PARDO

17/01/2023 10:35
Europe/Madrid

Estimadas familias:

Anexamos as instruccións para a reserva de praza no IES ISAAC DÍAZ PARDO para o vindeiro curso. Esta reserva de praza está destinada somente ao alumnado que vai a cursar 1º da ESO no vindeiro curso no IES ISAAC DÍAZ PARDO, non está destinada a outros institutos. 

A solicitude pode facerse por vía telemática a través da sede electrónica ou ben en papel a través do noso centro. É importante nos dous casos, cubrir os datos dos dous proxenitores. 

Para outros institutos, o prazo de solicitude de praza abrirase do 1 ao 20 de marzo. 

A solicitude en papel poderán traelas os propios alumnos/as.

INSTRUCCIÓNS

ANEXO GALEGO

ANEXO CASTELÁN

Campo a Través - Fase Intercomarcal Acea da Má ( Culleredo)

Celebrouse este sábado 14 de xaneiro de 2023, dentro do deporte escolar Xogade, a fase intercomarcal de campo a través “Acea da Má” en Culleredo ( A Coruña).
Os resultados foron moi satisfactorios.
Moitos parabéns a todos os participantes.


FELICITACIÓN DE NADAL

22/12/2022
Europe/Madrid

Campo a través

Este venres 16 de decembro de 2022, tivo lugar o campionato de campo a través en Acea de Ma, coa participación de diferentes centros escolares, no que o CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA obtivo resultados moi satisfactorios. Parabéns a todos os participantes!

 

APALPADORES DO NADAL

13/12/2022 09:36
Europe/Madrid

Coma noutros anos, dende o centro queremos colaborar para facer unha campaña de recollida de alimentos. Pica na imaxe para máis información. 

DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25/11/2022 13:01
Europe/Madrid

Os alumnos e alumnas de Mondego queren reivindicar o día 25 de novembro contra a violencia de xénero.

Subvención do Concello de Sada

O Concello de Sada subvenciona con 4500 € os gastos de transporte das saídas escolares e de adquisición de material escolar.

Convenio de colaboración entre o Concello  de Sada e o CEIP Pedro Barrié de la Maza, para financiar saídas escolares e material de oficina e escolar diverso segundo subvención nominativa prevista nas Bases de execución do orzamento municipal para 2022.

O que se informa para o xeral coñecemento da Comunidade Educativa en cumprimento da cláusula QUINTA do Convenio de colaboración.

ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR

03/11/2022 12:13
Europe/Madrid

Bo día:

Deixamos o documento sobre as eleccións ao consello escolar. Recordando como punto máis importante, que o prazo de presentación de candidaturas será dende o 4 ao 11 de novembro. Toda a información está no seguinte enlace:

ELECCIÓNS AO CONSELLO ESCOLAR

MAGOSTÍN

29/10/2022 22:40
Europe/Madrid

Deixámosvos as probas do Magostín máis terrorífico que se recorda en Modego...

 

 

VALES DE MATERIAL

17/10/2022 11:06
Europe/Madrid

Os vales de adquisición de material adicional estarán dispoñibles a partir de mañá martes 18 de outubro e poderán recollerse na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30.

Recordamos que os beneficiaros destes vales, son aquelas familias que xa obtivesen o anterior vale de material de 50 euros. 

VALES DE MATERIAL

17/10/2022 11:06
Europe/Madrid

Os vales de adquisición de material adicional estarán dispoñibles a partir de mañá martes 18 de outubro e poderán recollerse na secretaría do centro en horario de 9:30 a 13:30.

Recordamos que os beneficiaros destes vales, son aquelas familias que xa obtivesen o anterior vale de material de 50 euros. 

ENTRADAS NO CENTRO

14/10/2022 13:09
Europe/Madrid

AVISOS VARIOS

30/09/2022 13:02
Europe/Madrid

ROUPA OLVIDADA

Ao igual que no curso pasado, imos a estabecer tres prazos para recoller a roupa esquencida no pavillón do centro. Despois dese prazo, a roupa envíase a unha ONG que a destinará aos máis desfavorecidos.

1º trimestre: 19 decembro

2º timestre: 27 marzo

3º trimestre: 19 xuño

DÍAS NON LECTIVOS

Os días non lectivos que se levarán ao Consello Escolar e posterior petición a Xefatura territorial serán:

Luns 5 de decembro e luns 20 de marzo.

AUSENCIAS POR VACACIÓNS EN PERIODO ESCOLAR

Recordamos ás familias que as ausencias por viaxes durante o periodo escolar apaecerán coma non xustificadas. A efectos de absentismo escolar non se iniciará ningún expediente por este motivo a non ser que existan faltas non xustificadas por outros motivos. 

O inicio dun expediente de absentismo prodúcese ao supea o 10% de faltas e faltas de puntualidade non xustificadas. O 10% equivale a dous días.

CIRCULAR ANPA

16/09/2022 12:55
Europe/Madrid

Bo día:

Enlazamos a circular da ANPA Quintán sobre as actividades extraescolares para o curso 22/23

CIRCULAR

INSTRUCCIÓNS CON RESPECTO AO COVID

07/09/2022 13:45
Europe/Madrid

Deixamos as instruccións da situación COVID-19 con respecto ao ámbito educativo. Tendo en conta que nelas figura a obligatoriedade do uso de máscaras no transporte e as condicións para acudir ao centro no caso de ser positivo en COVID-19 ou convivir con algún caso positivo. 

INSTRUCCIÓNS

 

ENTRADAS PRIMEIRO DÍA

05/09/2022 13:27
Europe/Madrid

PERIODO DE ADAPTACIÓN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

04/09/2022 20:26
Europe/Madrid

PERIODO DE ADAPTACIÓN EN 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL (3 ANOS)

 

DIVIDIRANSE AOS ALUMNOS/AS DE CADA CLASE EN DOUS GRUPOS; GRUPO A E GRUPO B.

XOVES 8, VENRES 9 E LUNS 12 DE SETEMBRO:

GRUPO A: PRIMEIRA QUENDA DE 9:30 a 11:00

GRUPO B: SEGUNDA QUENDA DE 11:30 a 13:00

MARTES 13, MÉRCORES 14 E XOVES 15 DE SETEMBRO:

GRUPO A: SEGUNDA QUENDA DE 11:30 A 13:00

GRUPO B : PRIMEIRA QUENDA DE 9:30 A 11:00

VENRES 16 DE SETEMBRO:

TODOS XUNTOS DE 10:00 A 13:00

TITORÍAS DE 13:00 A 14:00

REUNIONS DE PRINCIPIO DE CURSO

02/09/2022 12:50
Europe/Madrid

Expoñemos as datas e horas das reunións de principio de curso:

4º Educación Infantil (3 anos) : luns 5 de setembro ás 12:00 horas nas aulas.

5º Educación Infantil (4 anos) : mércores 7 de setembros ás 12:00 horas nas aulas.

6º de Educaión Infantil (5 anos) : mércores 7 de setembro ás 12:00 horas nas aulas. 

1º Educación Primaria: mércores 7 de setembro ás 12:00 horas nas aulas. Traer o material neste día.

2º de educación primaria: mércores 7 de setembro ás 12:00 horas nas aulas. Traer o material neste día.

3º de Educación Primaria: mércores 7 de setembro ás 12:00 horas nas aulas. 

4º de Educación Primaria: martes 6 de setembro ás 12:00 horas nas aulas.

5º Educación Primaria: martes 6 de setembro ás 17:00 horas nas aulas. 

6º de Educación Primaria: martes 6 de setembro ás 12:00 no salón de actos. 

Pregamos que a estas reunións por tema de espazo é recomendable vir un só proxenitor e non traer aos rapaces/as. Poden traer o material na recollida de libros de 3º,4º,5º e 6º. 


ENTREGA LIBROS DE TEXTO DO FONDO LIBRO

02/09/2022 12:36
Europe/Madrid

A entrega dos libros do alumnado que solicitou o fondo de libros farase nos días luns 5, martes 6 e mércores 7 de setembro en horario de 9:00 a 10:00 e de 12:00 a 14:00

NOTA: Os libros de 5º de Primaria aínda non están completos polo que non aseguramos entregalos o luns 5. Só hai libros para os alumnos que lles corresponderon no fondo de libros.

En sexto de Primaria só hai libros para os alumnos que lles corresponderon no fondo de libros. 

En terceiro e cuarto de primaria hai libros de préstamo para todo o alumnado.

BENVIDA DA ANPA QUINTÁN

01/09/2022 09:51
Europe/Madrid

A ANPA Quintán quere dar a benvida ás familias neste curso 22/23. Dende o centro animámosvos a colaborar coa ANPA e comprobar a ampla oferta de actividades que teñen. Deixamos o enlace a carta de benvida da ANPA. 

CARTA DE BENVIDA

PLAN DIXITAL DE CENTRO

19/07/2022 11:01
Europe/Madrid

Estimadas familias:

Neste curso o centro estivo a traballar no Plan Dixital de Centro. Este Plan ten coma fin, establecer unha estratexia de dixitalización do centro a nivel académico, de comunicación coas familias, trámites administrativos etc... 

 

Presentación Plan Dixital de Centro de Roi Louzan Deixámosvos o enlace ao documento no que poderedes ver Plan de Acción de cara ao curso 22/23.

PLAN DIXITAL DE CENTRO 22/23

RECOLLIDA DPCUMENTACIÓN ALUMNADO DE SEXTO NIVEL

23/06/2022 13:21
Europe/Madrid

Bo día:

As datas para a recollida de documentación(certificado de esclarización e historial académico) dos alumnos de sexto será:

- MÉRCORES 29 XUÑO. De 9:30 a 10:30 e de 12:30 a 13:30

- XOVES 30 DE XUÑO. De 9:30 a 10:30 e de 12:00 a 13:30

COMISIÓN DE ESCOLARIZACIÓN

 

Está exposto no taboleiro do colexio a resolución da Comisión de Escolarización reunida hoxe día 23 de xuño de 2022 no Ceip Pedro Barrié de la Maza.

Contra da presente resolución da Comisión de Escolarización poderá interpoñerse recurso de alzada diante do Xefe Territoriada Consellería de Cultura, Educación e Universidades en A Coruña, no prazo de un mes a contar dende o día seguinte á exposición da presente relación.

 

INFORMACIÓN COMEDOR ESCOLAR

O xoves 23 de xuño de 2022 estarán publicados na web do concello a información e os criterios de admisión do comedor escolar.

O prazo comenza o vindeiro luns 27 de xuño e remata o día 18 de xullo de 2022.

 

XV FEIRA MATEMÁTICA

29/04/2022 09:25
Europe/Madrid

O vindeiro sábado 30 de abril terá lugar a XV Feira Matemática no PALEXCO da Coruña. O CEIP Pedro Barrié de la Maza terá o seu Stand cos cursos que participan nesta feira. 

 

DÍA DO LIBRO

23/04/2022 17:21
Europe/Madrid

Para connmemorar o Día do Libro, os alumnos/as do CEIP Pedro Barrié de la Maza, prepararon unha serie de contos moi divertidos contados por eles mesmos. Esperamos que vos gusten. 

O equipo de Biblioteca. 

 

 

DIRECTRICES USO DA MÁSCARA

21/04/2022 16:28
Europe/Madrid

Directrices da Dirección Xeral de Saúde pública sobre o uso das máscaras.

DIRECTRICES

ADMISIÓN ALUMNADO 2022 2023: PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DOS CRITERIOS ALEGADOS

As familias do alumnado que presentou solicitude de admisión para 6º de Educación Infantil ten que presentar a documentación xustificativa dos criterios alegados. O prazo de presentación é do 24 de marzo ao 6 de abril. 

Nos restantes cursos non é necesario presentar documentación xa que hai menos solicitudes que prazas ofertadas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut