20/10/2023 09:13
Europe/Madrid
Bo día:
O centro ten que establecer as seguintes medidas preventivas por mor da alerta meteorolóxica que afectará á nosa zona:
1. Os alumnos/as que veñan da casa; entrarán ás 8:55. O portal exterior abrirase a esa hora e poderán entrar directamente ao interior do cole (medida excepcional) para non esperar preto de cornisas nin árbores.
Pregamos ás familias que non estén agardando antes desa hora no portalón e non se metan aínda que entre un coche.
2. Non se sairá ao exterior no recreo.
3. Extremaranse as medidas de precaución no servizo de comedor de continuar a alerta ao mediodía.
Pedimos colaboración ás familias.
A dirección do centro.