Skip to Content

COMUNICACIÓN DO CONCELLO DE SADA SOBRE A SAÍDA DO COMEDOR:

 COMUNICACIÓN DO CONCELLO DE SADA SOBRE A SAÍDA DO COMEDOR:

 “Á atención das familias dos nenas do CEIP Pedro Barrié de la Maza:

Dende a Concellería de Educación, Xuventude, Emprego e Desenvolvemento, ás familias de tódolos nenas usuarios do CEIP,

COMUNÍCASE

Que, en atención as suxestións recibidas polos país e nais do Centro, e unha vez analizada as posibilidades organizativas do mesmo, o Concello en acordo coa Dirección do Centro, decidiu reorganizar o procedemento de recollida dos nenas usuarios do comedor escolar, da seguinte maneira:

 

  • A recollida efectuarase nas horas igualmente previstas, de 15:30 a 16:00.
  • O acceso único ao centro por parte dos país e nais farase pola entrada indicada no mapa adxunto (mesma entrada xeral ao Centro), deixando de utilizarse a entrada actual dende a AC-183.
  • A recollida en man dos nenas por parte dos monitores do comedor, farase na mesma saída do patio cuberto, como se indica no mapa adxunto.
  •  A saída do Centro farase igualmente pola porta de acceso.

 

Dita modificación lévase a cabo en orde a atender as demandas dos usuarios do Centro, e para unha recollida máis segura e ordenada.

Prégase a colaboración dos pais e nais no cumprimento das indicacións recollidas neste escrito, solicitando unha recollida e posterior saída áxil e ordenada dentro do horario habilitado ao efecto.

Así mesmo, recórdanse tamén os lugares posibilitados para aparcadoiro, non so á hora da saída do comedor, se non tamén a entrada e saída tanto das horas escolares como de actividades extraescolares, asegurando entre todos un mellar acceso e máis seguro (indicados no mapa adxunto).

Recordar tamén, a indicación de tráfico de dirección única da vía Quintán nos horarios de 08:30 a 09:30, e de 13:30 a 14:15.

O cambio de acceso levarase a cabo a partir do vindeiro día luns 27 de marzo.

Para calquera cuestión ou dúbida, poden dirixirse ao Concello ou a Dirección do Centro.”

 



page | by Dr. Radut