Skip to Content

Biblioteca

A biblioteca do noso centro é un importante recurso para a innovación e a mellora nos procesos de ensino-aprendizaxe.

Funciona polo tanto como un centro de recursos, documentación e información que serve de apoio á labor docente e a autoaprendizaxe do alumnado. Desenrólanse nela actividades de promoción lectora, de formación técnica e documental nas habilidades de información, tendo en conta a atención a diversidade, alumnado con desventaxas físicas, psíquicas e económicas e atendendo a diversidade cultural, tentando favorecer a igualdade de oportunidades na procura do desenrolo das capacidades do noso alumnado, facilitando o acceso á formación e á construcción autónoma do coñecemento.

A nosa biblioteca conta cunha zona adicada aos alumnos e alumnas de Educación Infantil adaptada ás súas necesidades físicas e para disfrute dos libros; e outra para os de Educación Primaria con mesas e cadeiras que facilitan o traballo e a lectura, unha zona de dvds e expositores tanto de revistas coma de novidades ou relacionadas coas celebracións e efemérides do colexio (Día das Bibliotecas, Samaín, Nadal, Paz, Entroido, Día do libro, Letras Galegas, etc) 

No curso 2007-2008 entramos a formar parte do PLAMBE III, que nos permitiu acometer reformas no espazo físico, no mobiliario, remodelar o noso fondo e adquirir 4 equipos informáticos para consulta e xestión. Conta ademáis cunha pantalla proxectora. Neste intre temos máis de 6000 documentos físicos catalogados e publicados na rede OPAC MEIGA da Rede de Bibliotecas Galegas.



page | by Dr. Radut