Este venres 5 de abril de 2019 O Ceip Pedro Barrié de la Maza participou na actividade deportiva XOGADE (xogos galegos deportivos en idade escolar) nunha xornada de bádminton na fase local na categoría de alevíns.
Dende as cinco da tarde e ata as oito e media da noite no pavillón do Club do Mar de San Amaro en A Coruña o noso alumnado estivo disfrutando do bádminton con outros participantes do Obradoiro e do propio Clube do Mar. Preme na foto para ver máis