Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Luns Abril 22, 2024
Start: 22/04/2024 13:44

 O día 17 de abril celebramos o Día da Educación Física na Rúa 2024, este ano co lema "Educación Física e saúde mental", con distintas actividades lúdico-recreativas que tiveron lugar no Paseo Marítimo de Sada. Na xornada participou alumnado de todos os centros educativos da nosa localidade:  CEIP O Mosteirón, CEIP Pedro Barrié de la Maza, I.E.S Isaac Díaz Pardo, I.E.S O Mosteirón e CEIP Sada y sus Contornos. 

A actividade contou coa colaboración do Concello de Sada na súa organización e a participación de distintos clubs deportivos: Club Taekwondo Sada, Club Atletismo Sada, Club Salvamento Sada,  Sadanza e Karts Manolo. Grazas a todos eles.

Fotos da actividade

Clica na imaxe para ver o vídeo da xornada 

 
 
Xoves Abril 25, 2024
Start: 25/04/2024 14:38

Están dispoñibles no taboleiro do centro as listaxes de alumnos/as admitidos para o curso 24/25. 

Poderán consultarse presencialmente en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres e os luns de 16:00 a 19:00 horas.

A dirección do centro.

Venres Abril 26, 2024
Start: 26/04/2024 11:57

Hoxe temos que felicitar á nosa alumna Carla López Souto por gañar a XXIV edición dos Premios Muralla de Lugo na categoría de redacción.

Deixamos a magnífica redaccción que fixo Carla cun tema nada fácil.

Noraboa Carla  !!

 

O LEGADO DA AVOA

Xoves Maio 02, 2024
Start: 02/05/2024 14:42

O pasado luns 29 de abril, o arquitecto Fermín Blanco, de proxecto Lupo, explicou a profesores, representantes de pais/nais, Anpa e representantes do concello, en que consistirá un proxecto que pretende acondicionar os espacios ao aire libre cos que conta o centro e transformalos en espacios funcionais onde se implementen pedagoxías de todo tipo. 

Aprobado no consello escolar do día 15 de abril, o centro métese no programa "mestra de obra" no que nos seguintes catro anos poranse en marcha diversas actuacións para mellorar o noso centro e convertilo en referencia no uso de espacios ao aire libre. 

Para ilo, necesitaremos a aportación de todos os que forman parte da comunidade educativa; profesores, pais e nais, persoal do centro, concello, outros organismos... Necesitaremos aportacións humáns, materiais, económicas. Agardamos que exista moita colaboración a este nivel e poidamos facer un colexio mellor.

Agardamos polo compromiso do concello para realizar unha microintervención na nosa "charca", unha aula da natureza que leva varios anos de traballo por parte de mestras do centro que impulsan a educación no medio natural como primeira toma de contacto coa educación no centro. Isto será unha das señas de identidade do noso "cole".

Venres Maio 03, 2024
Start: 03/05/2024 09:41

No pasado consello escolar, informouse dende a dirección das actuacións que vai a acometer a Consellería de Educación.

Como saberedes, o noso centro ten máis de 50 anos e o tempo estase a notar nas nosas instalacións. As necesidades do centro foron levadas á Xefatura Territorial en máis dunha ocasións, tanto polos equipos directivos pasados como polo actual.

Na pasada semana santa, rematou o proxecto encargado pola unidade técnica da consellería de reforma do sistema eléctrico do colexio, que estaba sen abordar dende os anos 70. 

Por outra banda, nas mesmas datas, encargpouse por parte desta unidade técnica, o proxecto de reforma da cuberta do centro, fachada, carpintería interior e outras reformas no pavillón do centro. 

Espérannos anos de convivir cunhas obras que son moi necesarias e mellorarán moito a situación do centro. Aquí vai unha mostra da situación actual do noso cole.


Distribuir contido


by Dr. Radut