Eventos
Os días luns 13 e luns 27 de febreiro, levaranse a cabo no centro as xornadas de portas abertas para ás familias que están pensando en matricular aos seus fillos no centro de cara ao curso que ven.
O horario será ás 16:00 horas e recoméndase puntualidade. Farase unha visita polo centro e atenderanse as preguntas que teñan as familias. A visita farase SEN NENOS/AS
Tamén poden ver o noso centro a través dunha visita virtual.
XORNADAS PORTAS ABERTAS CEIP PEDRO BARRIÉ DE LA MAZA de Roi Louzan
LUNS 13 FEBREIRO
Hoxe a cabeza non está para pensar, por iso os zapatos debedes desparexar.
MARTES 14 FEBREIRO
Que pereza de semana¡
Pouco máis e traedes ao cole a cama:
debedes vir en pixama.
MÉRCORES 15 FEBREIRO
O entroido é tempo de desfrutar,
por iso de moitas cores
vos debedes ataviar.